A Xunta vén de iniciar os traballos de acondicionamento do firme nun treito antigo da estrada OU-540, en Bande, para mellorar o acceso ao complexo arqueolóxico romano de Aquis Querquennis.
Estas actuacións están a executarse nun treito antigo da estrada na marxe esquerda, desde o punto quilométrico 48+225.
Actuase ao longo dun treito que suma 400 metros, cun ancho medio de plataforma duns 6 metros.
A intervención consiste nun reforzo do firme mediante regas asfálticas. Para isto, acometerase un dobre tratamento superficial na sección completa do treito antigo.
Os traballos, cun investimento estimado próximo aos 8.000 euros, complementaranse posteriormente cun acondicionamento e limpeza coa fin de que a zona sexa de aparcamento no acceso ao complexo arqueolóxico.