Serán os sábados de agosto.

Visitas guiadas polo casco histórico de Allariz

A concellaría de Promoción Económica, Comercio e Turismo, pon en marcha a partires do día 1 de agosto, visitas guiadas polo casco histórico de Allariz todos os sábados do mes.

As vistas desenvolveranse baixo o protocolo de protección contra a covid-19. Entre as medidas coas que retomara a actividade nesta nova normalidade, inclúense a formación de grupos reducidos(máximo 20 persoas) con toma de temperatura e uso obrigatorio da máscara. Facilitarase hidroxel antes e durante o servizo.

O percorrido partirá da oficina de turismo de Allariz as 11.30h e terá una duración aproximada de 1 hora e media, na que percorrendo a beira do río Arnoia e o casco histórico de Allariz, coñecerase todo tipo de elementos culturais, monumentais, paisaxísticos e patrimonias vencellados a historia alaricana, con especial atención as súas prazas, igrexas, recursos turísticos, lendas e anécdotas. O Arnado, a Praza Maior, A Paneira, a Igrexa de Santiago, a rúa da Cruz e o Edificio do antigo Xulgado adoitan a ser paradas inescusables nestes itinerarios.
As rutas guiadas darán a coñecer Allariz coas máximas medidas de seguridade.

As visitas terán lugar todos os sábados de agosto, ás 11:30 h,dende a oficina de información e turismo. A tarifa xeral será de 6€ e reducida de 3€ para parados,estudantes e xubilados, sendo de balde ata os 10 anos inclusive. Todos aqueles interesados poden apuntarse na propia oficina de turismo, no teléfono 988442008 ou no correo informacion@allariz.com.