A Concelleira de Asuntos Sociais Maribel Poisa e a Técnica de Igualdade municipal Ana Cardoso presentaron, en colaboración co Instituto de Ciencias Sexolóxicas de Madrid, INCISEX, e coa Xunta de Galicia-Vicepresidencia- Consellería de Presidencia, o Ministerio de Igualdad e o Fondo Social Europeo, as II xornadas sexolóxicas de verán, adiadas pola situación derivada do COVID19, e coa posibilidade derivada deste fenómeno, de trasladar ás mesmas a unha plataforma virtual para que poidan executarse.
Xornadas que veñen derivadas do convenio de colaboración que este Concello ten co INCISEX, co obxectivo de realizar intervencións máis axustada á realidade humana e co obxectivo de traballar pola convivencia. E que nesta ocasión teñen como prioridade reflexionar en torno ao concepto de saúde dende a mirada sexolóxica, como forma de entender a saúde como un concepto amplo onde están relacionadas moitas disciplinas, e que coa aportación da mirada sexolóxica podemos ter un plus para realizar intervencións máis comprensivas fuxindo así de sItuacións hostís que o único que fomentan e máis distancia entre nós.
Falaremos a maiores da sexoloxía e das posibilidades que nos ofrece a profesionais de disciplinas relacionadas coa saúde, para ter máis coñecemento e traballar para que as dificultades comúns polo feito de ser humanos/as, non se convirtan en dificultades engadidas. O compromiso, e a responsabilidade para unha intervención que teña en conta o comunitario e a necesidade de ter coñecemento sobre o feito sexual humano para entender mellor o que se nos presenta, e facer así unha intervención máis centrada no que temos, centrada no suxeito. Unha intervención comprensiva e de cultivo, de cultivo da diversidade e polo tanto, da convivencia.
Contamos a maiores nesta ocasión, de actividades complementearias á formación, como pode ser a Obra de Teatro.