A portada nesta ocasión é o «Xogo de Tronos» que se está a vivir no Concello de Ourense. A polémica chega cando todos arrinconan ao alcalde para que dimita. Pola súa banda, Gonzalo Pérez Jácome, deféndese dicindo que os seus concelleiros díscolo están compinchados co PP par botalo da alcaldía de Ourense.
Outra nova desta semana é a volta ao cole dos escolares despois de seis meses sen clases pola pandemia provocada pola COVID-19. Dudas e temores son os sentimentos de pais e profesores ante este inicio escolar.
En canto ao número de contaxios na provincia xa son 473 os casos activos en Ourense. AS obras de Marcelo Macías están en marcha e terán un prazo de execución de 12 meses. A Xunta está a mellorar a ventilación e iluminación do xulgado; tamén a Xunta acomete traballos na Catedral de Ourense.
Barbadás promove unha campaña para dinamizar o comercio local; o Concello activa unhas axudas para a creación de empresas. O autobús en Barbadás xa conta con bonificación; as persoas que dispoñan de bonobuses antigos deben consumilos antes do 1 de novembro.
Na Limia andan a restaurar a Torre da Fírbeda cun orzamento de 71.000 euros. O Concello de Xinzo cede á Xunta aulas para ter máis espazo para os cativos neste curso e así poder ter máis garantías para cumprir co protocolo sanitario.
Novos achádegos no xacemento de Armea durante a novena campaña de escavacións. As II Xornadas sexolóxicas de verán celebraranse de xeito telemático os día 19 e 20 de setembro.
O escultor Xosé Cid recibe o 36º premio «Celanova, Casa dos Poetas». A Banda de Música de Vilanova dos Infantes, premio Rebulir 2020; tamén foron premiadas a actriz Fina Calleja e á música Mercedes Peón.
En deportes, o Sincro Ourense volve aos adestramentos despois de cinco meses de parón. O Arenteiro anima o mercado; o conxunto do Carballiño «racha coa banca» e fai un equipo que aspira a todo.
Artigos, clasificados, humor e moito máis no novo número de Barrios.
Se queres ver ou consultar o periódico pincha neste enlace. Pincha