O boi, é todo un referente en Allariz. O concello ven apostando pola súa crianza dende 2011. Este proxecto de cría e comercialización de Carne de Boi de Allariz,naceu co obxectivo de recuperar a base territorial, previr os incendios e apoiar a hostalería ofrecendo un produto de calidade.
Este plan de dinamización permite hoxe a comercialización de exemplares nados e criados en Allariz, no monte de Penamá e cebados en explotacións locais, coa conseguinte xeración de postos de traballo ligados ao sector primario e a recuperación das superficies forestais.
Este ano, foron sacrificados 4 Bois de Allariz para a degustación da súa carne, recoñecida polas súas especiais características gastronómicas. Cunha media de 400 kg cada exemplar, a hostalería de Allariz disporá de máis de 1600 kg de carne de Boi para elaborar os seus menús e tapas nas 9ª Xornadas de Carne de Bo de Allariz do 25 de setembro ao 12 de outubro.
Esta carne que xa pode mercarse todas as fin de semana no Mercado da Reserva da Biosfera en Allariz os sábados pola mañá.
Neste ano tan atípico, a crise da Covid-19 obríganos a por o acento sobre a necesidade de consumir produtos locais. «Esta crise ten evidenciado a importancia dos nosos produtores para manter a economía e o suministro de produtos de cercanía».
Consumir produtos de proximidade é clave para manter a economía e emprego locais e por suposto é moito máis sostible e respetuoso co medio.
As Xornadas de carne de Boi, no escenario da nova normalidade, cas condicións de seguridade sanitarias e seguindo con sentido as medidas de hixiene, de distanciamento social e respetando os aforos e a normativa que os establecementos hostaleiros deben cumprir, poderemos gozar dunhas xornadas adaptadas á situación ideais para converterse nunha proposta ideal para desfrutar dunha pequena escapada en familia.