Nesta ocasión a foto principal da portada trae o pasado pleno do Concello de Ourense, un concello que está a vivir unha situación atípica debida a que o alcalde, Gonzalo Pérez Jácome, goberna con tan só dous concelleiros ao seu lado: Armando Ojea e Telmo Ucha (nomeado neste mesmo pleno concelleiro). Desde a oposición «traballan» para facer unha moción de censura.
A Xunta realiza fortes restricións pola COVID-19 nalgunhas zonas de Ourense, co barrio do Couto como o máis afectado.
O 5º Festival Internacional de Curtas de Verín da paso ao 25º Festival Internacional de Ourense que se celebra do 25 de setembro ao 3 de outubro.
Arranca a segunda edición de Latexando, unha proposta que indica onde están ubicados os desfibriladores externos semiautomáticos (DESA) e ofrecerá descontos nos comercios cardiorresponsables.
Créase a asociación Solidaridad Motera Ourense é unha realidade. Dous mozos galegos crean a produtora Lecer Audiovisual.
Renovada a rúa Francisco de Moure, mentres que na Carballeira estanse arranxando tres rúas.
CDR Portas Abertas e Concello de Verín conciencian sobre reciclaxe; uns paneis informativos, distribuídos polos puntos de recollida de lixo, informan de como reciclar.
Abrirán en outubro as instalacións deportivas municipais de Verín; retrasouse a apertura polos datos da COVID-19.
Premios para os viños de Monterrei no concurso «Distincións Gallaecia». A vendima deste ano segue a bo ritmo.
En Barbadás, acondicionaranse os parques dos Patos e do Tren grazas a un convenio entre CHMS e Concello. A campaña “ReVive os comercios de Barbadás”, en marcha ata o 30 de setembro, ofrece bonos de 10 euros aos que merquen en locais de Barbadás.
O Cineclube Padre Feijoo conmemora o seu 50º aniversario, polo que ata finais de ano proxectará 50 obras de arte do cinema. Artistas galegas cítanse en Verín, no acto «Literarias» que terá lugar o 25 de setembro.
En deportes, o fútbol sala prepárase para unha nova tempada; a competición na Primeira división comeza o 17 de outubro para Cidade das Burgas e Ourense Envialia. Esa mesma fin de semana tamén comezará a rodar o balón para os equipos ourensáns de Terceira división (Ourense CF, Barco, UD Ourense e Arenteiro).
Artigos, humor, clasificados e máis no novo número de Barrios.
Se queres ver ou consultar o periódico pincha neste enlace. Pincha