A Unión Deportiva Ourense reinventanse este ano e anuncia unha campaña de abonados acorde ás circunstancias que estamos a vivir pola COVID-19. É unha campaña atípica xa que o que hoxe pode ser, mañá poda que esté prohíbido por mor da pandemia. Por exemplo, agora mesmo no estadio do Couto só estaría permitida a entrada de 75 espectadores debido ás restrición que teñe o barrio.
Como dicía Roberto Almeida sobre o eslogan deste ano: «Ourense sodes vós. Este ano máis que nunca, vai encamiñado a que o club é grazas a eles, e este ano máis que nunca». Este ano as restricións de aforo fan que sexan uns abonos especiais, polo que despois de moitas reunións e moita meditación decidiron facer unha campaña especila. Así, este ano a cota é menor pero deberán pasar por taquilla os que queiran ver algún dos partidos que se disputen na casa. «O motivo de quitar entrada non é outro que o que temos limitacións de aforo. As entradas irán do euro en fondo aos catro en tribuna», explicaba Almeida. Ademais advirte que según evolucione a pandemia «pode haber modificacións», xa que «estamos moi pendentes dos aforos». O directivo fai fincapé nos nenos que «son o que máis nos doe»; con estas limitacións de aforo vense na obriga «de que teñan que pagar» aínda que avisa de que si as cousas van ben «os primeiros favorecidos serán os do abono Dragón (75 euros) e Dragonciño (5 euros)».
Neil González, pola súa banda, recorada o limitación de aforo que sufre o estadio a día de hoxe (75 persoas). Por iso, tomouse a decisión de non facer unha campaña normal e non cobrar os 90 euros que se cobraba por un abono en tribuna «por que non podemos garantir que poida sentarse en tribuna e mandalo á bancada de fondo por cuestións sanitarias». Con esta redución do abono adiantanse a unha posible situación na que non se poda acudir ao campo como afeccionado ou mesmo ao peche da competición. «A iniciativa está pensada pola situación actual», asegura González. O directivo recorda que o ano pasado houbo «1.700 socios, dos cales 1.200 eran de tribuna. Este ano, coas restricións 700 abonados quedarían fóra do campo e soamente 400 poderían sentarse en tribuna». «Estas medidas as tomamos por que queremos ser infinitamente honestos cos socios».
Abonos
Estes son os abonos que se poden adquirir para esta tempada:
– Abono Xeral León (40 €): Para maiores de 25 anos (nad@s antes do 01/07/1995)
– Abono Reducido León (30 €): Para xóvenes entre 16 e 25 anos (nad@s entre o 01/07/1995 e o 30/06/2005), persoas discapacitadas e persoas desempregadas.
– Abono Dragón (Sentimento) (75 €): Desfrutarán dun 20% de desconto nos produtos oficiais do club e, no caso de non ter límite de aforo, poderán acceder sin retirar entrada.
– Abono Dragonciño (5 €): Para menores de 16 anos (nad@s a partir do 01/07/2005)
Será obrigatorio retirar entrada antes de cada partido. As persoas abonadas terán prioridade na venta de entradas. O número de entradas en cada partido dependerá das restriccións sanitarias. Prezo das entradas para persoas abonadas:
Tribuna: 4 €
Preferencia: 2 €
Fondo: 1 €
A través da tenda online se pode acceder aos abonos. Tamén se está a traballar para sacar as entradas vía online.