As distintas áreas do Concello de Allariz organizanas.

Estase a traballar nas escolas municipais de inverno

As distintas áreas do Concello de Allariz están a organizar as escolas municipais de inverno. Deportes, Cultura, Mocidade ou o Fogar dos Maiores retomarán no mes de outubro a programación das escolas nas diferentes áreas.

O Fogar dos Maiores ofrece para os seus usuarios actividades lúdico – formativas como obradoiros de creatividade e manualidades, memoria, radio, móbil, estimulación cognitiva e ximnasia terapéutica. Para calquera consulta sobre as actividades ou os horarios no Fogar dos Maiores, na Barreira, ou no teléfono 988 554 059.

As escolas de Pintura e Música tamén ultiman os preparativos para poñer en marcha as actividades do vindeiro curso 2020-2021. Os máis cativos poderán participar nestas actividades organizadas dende a área de Cultura do Concello de Allariz. Llinguaxe musical ademais da aprendizaxe en instrumentos como piano ou guitarra, e os máis tradicionais como gaita, pandeireta ou percusión, son as actividades que imparte a Escola de Música municipal. A Escola de Pintura tamén abre o seu prazo de inscrición. Para máis información ou tramitar a inscrición nalgunha destas actividades na Casa de Cultura, no 988 44 08 59 ou por correo electrónico cultura@allariz.gal.

A área de deportes do Concello de Allariz pon a disposición da cidadanía unha ampla variedade de actividades deportivas. As instalacións da Piscina municipal albergarán varias actividades para que nenos e nenas e persoas adultas se acheguen a Piscina Municipal para realizar clases de natación, aquaerobic, clases de salvamento ou socorrismo entre outras.
Os cursos de natación ofertados van desde idades de 4 anos ata adultos, organizados por quendas en función da idade e en horarios distintos.

Para as persoas adultas ofertase dende as instalacións da Piscina Municipal un curso de Aquaerobic que contará con horario de mañá e de tarde.
Ademais este ano ofertase actividades acuáticas como salvamento, socorrismo, waterpolo, aquaerobic infantil e psicomotricidade na que a idade mínima para participar nestas actividades será de 8 años.

Outros cursos
Tamén se abre o prazo de inscrición para pilates, mantemento, adestramento funcional e ioga. Para máis información ou para facer a inscricións na piscina municipal no teléfono 988 442 083 ou no correo piscina@allariz.gal.
Por outra banda as escolas deportivas, tanto do Club Baloncesto Allariz como do C.D Allariz, comezarán a actividade das escolas deportivas nos vindeiros días. O Club Baloncesto Allariz comeza os entrenamentos este día 1 de outubro e as escolas do CD. Allariz comerarán o luns día 5. Estas dúas escolas deportivas non competirán, soamente terán polo de agora adestramentos. Para máis información se pode poñer en contacto cos respectivos clubs deportivos e dar, así, conta das novidades deste ano.