«Confinados». Ese é o titular principal deste número, logo de que a Xunta tomara medidas restrictivas de mobilidade en Ourense e Barbadás. Ademais, Verín, O Barco de Valdeorras, Maceda, O Carballiño, Allariz e Ribadavia contan con outras medidas que impiden reunións no ámbito privado e público con persoas non convivintes. E é que a incidencia da COVID-19 na provincia está sendo moi perigosa.
Na portada tamén contamos como Xinzo de Limia aprobou unha modificación de crédito para pagar as facturas do coronavirus.
En deportes, o Caldaria Barrocás foi o primeiro conxunto ourensán en dar comezo a competición, o fixo na División de Honra B de hoquei.
Na actualidade da capital, Jácome mantense na Alcaldía, mentres os grupos da oposición buscan un consenso que non chega para facerlle unha moción de censura.
Aberto, durante todo o mes de outubro, o prazo para solicitar as axudas para os autónomos. As feiras de Ourense suspéndense durante outubro e novembro, ao igual que as celebracións dos Magostos.
O goberno local de Xinzo quere evitar as competicións deportivas e pídelles aos clubs que non se inscriban en competición algunha; as instalacións municipais poderanse utilizar para adestrar os clubs locais. A localidade limiá contará cun aparcadoiro público e gratuíto que ofrecerá 99 prazas de estacionamento.
En Allariz sacan peito do turismo valonrando moi positivamente a campaña de verán. Ademais, entre xaneiro e setembro unhas 16.000 persoas pasaron pola oficina de turismo. As escolas municipais de Allariz retoman a súa actividade neste mes polo que abren o período de inscrición.
Desde Celanova chega «Cogomelos para cativos», o novo libro de micoloxía da familia Mínguez. Regresan os microconcertos de órgano, con grupos reducidos e concertados. O concelleiro do BNG en Celanova, Leopoldo Rodríguez doa as dietas ata final de ano á Residencia San Carlos.
«Deux» lévase o premio á mellor película no 25º OUFF e «To the sea” foi elexida mellor curta. A pandemia fai que a “Ourense ICC Week” suspenda varias das súa actividades; os concertos suspéndense pola situación sanitaria. Ata o 23 de outubro ás 23.59 h está aberto o prazo de inscrición na cuarta edición dos Premios Youtubeir@s.
Este ano quedamos sen San Martiño. A carreira popular decana de Galicia deberá agardar pola 44ª edición. Tramo final de pretempada; o COB inicia a Liga en Valladolid o día 18. A UD Ourense presenta a campaña de socios; uns abonos coa crise sanitaria moi presente.
Artigos, humor, clasificados e moito máis no novo número de Barrios.
Se queres ver ou consultar o periódico pincha neste enlace. Pincha