Concello de Verín e os representantes dos hostaleiros da vila chegaron a un acordo polo cal os bares e as terrazas pecharán durante un prazo de 10 días. É preciso matizar que, aínda que os restaurantes permanecerán abertos, as terrazas e os bares dos mesmos estarán pechadas.
Para paliar, na medida do posible, os danos ocasionados aos negocios con esta medida, o ente municipal abrirá unha liña de axudas.
Esta decisión, de carácter voluntario, tómase á vista da evolución da pandemia na vila de Verín. A vila do Támega conta con 74 casos activos o que supón unha media de 540 casos por cada 100.000 habitantes. A medida foi sometida a debate polos representantes da hostaleira, que ante a necesidade e pertinencia da medida impulsada dende o Concello de Verín, aprobárona cun amplo consenso.
Así mesmo, e coa finalidade de minimizar os riscos de contaxio, realizarase un cribado por PCR a todos os traballadores de devanditos establecementos.
Esta medida estará vixente desde este martes, 13 de outubro, ás 20 horas, ata o vindeiro xoves, 22 do mesmo mes.