O Arenteiro é o líder en solitario.

A UD Ourense logra os tres primeiros puntos

Terceira xornada na Terceira división e o Arenteiro xa se coloca líder en solitario. Iso si, foi despois de perder os dous primeiros puntos do curso tras empatar na casa do Choco (0-0). Este empate e a derrota do Ribadumia (1-0 fronte Atios) fai que os do Carballiño sexan os líderes con sete puntos, demostrando que os máximos favoritos deste grupo (B) a loitar polo ascenso.

Derbi
No derbi provincial da xornada, a Unión Deportiva Ourense logrou os tres primeiros puntos ao gañar por dous goles a cero diante do Barco. Os valdeorreses puxeron as ocasión na primeira metada, pero un gran Dani baixo paos dasvarataba unha a unha as ocasións visitantes. Na segunda metade chegaron os goles. Gabi abriu o marcador e Amin puxo a guinda a un partido que presenciaron 75 persoas nas bancadas do Couto.

Con esta vitoria os capitalinos suman tres puntos, mentres que o Barco continúa con catro puntos no seu casilleiro.

Pola súa banda, o Ourense CF segue sen puntuar no que vai de Liga. Os de «Juniño» adiantáronse no marcador cun gol de Borja Domingo. Pero o Arousa foi quen de darlle a volta ao marcador -en parte por xogar os ourensáns con 10 xogadores pola expulsión do propio Domingo- e remataron logrando os tres puntos.

Os albinegros seguen sen puntuar e ocupa a última posición.

Xornada
A vindeira xornada o Barco recibe ao Arousa; o Arenteiro ao Atios; e o Ourense CF ao Choco. A Unión Deportiva Ourense visita ao Pontellas.