Coa bandeira da ilusión e o estandarte da experiencia o propietario do grupo de empresas Marcelino Díaz (José Manuel Díaz Barreiros) postúlase para presidir a Confederación de Empresarios de Galicia (CEG). O apoio da CEO (Confederación de Empresarios de Ourense) xa o ten, agora busca un consenso a nivel autonómico para presentarse oficialmente como candidato.
A Alianza Estratéxica da confederación (2020-2024) fortalecendo a imaxe da mesma en diversos aspectos será a proposta deste ourensán que pretende darlle máis visibilidade dentro da sociedade. Para elo quere aproveitarse das redes sociais -con máis presenza nelas- e o diálogo social.
Reivindica ao empresario como «esenciais» sobre todo nestes momentos tan complicados, e pide as axudas oportunas aos sectores «que se ven ba obriga de pechar». En canto ao AVE ve como unha oportunidade para Galicia de atraer turismo e empresas e a que se nos coñeza fóra da nosa comunidade.
Presentarse a CEG é un paso arriscado pero con moitas gañas de dalo?
Díaz Barreiros: «Si, é un paso difícil por todo o que require, por ser un cargo de moita responsabilidade, de moita preocupación que me restará adicación as miñas empresas, pero creo que neste momento prima o interese xeral ao particular».
>>»É unha decisión meditada desde fai meses e din o paso por que, aparte de ter o apoio unánie da CEO ao estar nos órganos da CEG contacto con moitos empresarios de toda Galicia e animáronme a título individual a que dera o paso por que podería ser xa a oportunidade de Ourense».
E a partir de agora e ata que presente candidatura formalmente.
D.B.: «Solicitei reunións en todas as confederacións provinciais para que me reciban e explique o meu programa electoral; un programa aberto ao que poidan aportar e considerar. Vou con ánimo construtivo. Tamén quero visitar as asociacións sectoriais».
Cales son os pasos a a seguir?
D.B.: «O 17 de novembro remara o prazo para presentar a candidatura. Agora son postuleime pero serei candidato cando presente a candidatura en Santiago. O día 24 son as eleccións. Se reuno todos os requisitos desde o punto de vista de unidade empresarial e apoios presentarei formalmente a miña candidatura. Ata que coñeza os últimos apoios cos que conte non me presentarei. Quero que haxa moita unidade empresarial e moito consenso en torno a un candidato que podo ser eu. E se non son eu e é outro o candidato o que os reúne eu serei o primeiro que o apoie».
Cales son as cousas que che gustaría cambiar e que camiño seguir na CEG?
D.B.: «O primeiro de todo fortalecer a imaxe da CEG e tamén quero centrar o tema nos aspectos social; económico; de iniciativas e proxectos; en conseguir fondos europeos; e en defender a identidade galega, desde o punto de vista da paixase, da gastronomía, ademais de organizar eventos importantes».
Díaz Barreiros ademais de ser propietario do grupo de empresarios Marcelino Díaz (adicado ás actividades de asesoría xurídico-fiscal de empresas, xestoría administrativa, asesoría financieira e correduría de seguros), e membro do Comité executivo e Xunta directiva da CEG e da CEO, e da Comisión de reforma de estatutos da CEG; ademais foi vicepresidente da CEO (de 2013 a 2019) e vogal da Cámara de Comercio de Ourense, entre moitos outros cargos.
A CEG engloba ás catro confederacións empresariais provinciais e a 16 asociacións sectoriais.