Nsta ocasión a portada trae unha praza Maior de Ourense baleira de veladores. A medida da Xunta de Galicia de pechar a hostalaría fixo que bares e restaurantes pecharan as súa portas. Os autónomos do sector estanse a manifestar todos os días reclamando axudas concretas ao ente autonómico. En canto aos datos da covid, a provincia segue á baixa e suma menos de 900 contaxios (272 na cidade).
Ademais, entrevistamos a José Manuel Díaz Barreiros, empresario ourensán (Gestoría Marcelino Díaz) que se presenta como candidato a presidir a Confederación de Empresarios de Galicia (CEG).
Este ano, por mor da COVID-19 o magosto celebrouse simplemente con pasarrúas e cabezudos polos barrios de Ourense. O Colexio Oficial de Enfermaría de Ourense celebra 100 anos de historia. Jácome segue a súa folla de ruta no Concello de Ourense e anuncia un novo parque na Ponte. Mentres, a oposición non se pon de acordo sobre unha posible moción de censura.
Un mural xigante da a benvida a Xinzo coas Pantallas como protagonistas. A Escola Rural de Saúde da Limia continúa coa súa programación a pesar da incertezas destes tempos. O Concello de Xinzo entrega os premios do concurso de balcóns e xanelas que homenaxeou ao persoal sanitario.
A asociación Andrea, de Allariz, crea un xabón hidroalcohólico feito con leite de burra. A recuperación de envases incrementouse nun 17% en setembro. O certame «Vilas en Flor» volve a distinguir a Allariz coas catro Flores de honra.
Celanova celebra do 16 ao 20 de novembro un obradoiro de fotografía analóxica que terá como prato final unha exposición en decembro. O BNG pide beirarrúas no Cercado. fundacional da Mocedade Galeguista de Celanova, un documento que data do 15 de xullo de 1932.
O COB perde dous partidos seguidos antes de visitar a Burgos. O Club Voleibol Ourense encandea catro vitoria consecutivas. O Sala Ourense non da collido o pulso á Liga e conta os seus encontros por derrotas.
Artigos, ocio, humor e máis no novo número de Barrios.
Se queres ver ou consultar o periódico pincha neste enlace. Pincha