Nesta ocasión a portada viaxa ata Verín. Alí, Sanidade levantou as restricións máis severas e abriu a hostalaría; Ourense capital pode ser a seguinte en abrir bares e restaurantes. Celebrouse o 25N con multitude de actos por toda a provincia. En deportes, Óscar Vivián é o novo adestrador do Sala Ourense. Ademais, entrevistamos a Carlos Domarco, promotor de Restaurantes Ourense.
Centro de Atención á discapacidade de Ourense (CAPD) estará rematado en 2022. Díaz Barreiros renuncia a ser presidente da Confederación de Empresarios e Galicia. O Concello mellora a accesibilidade e humaniza a rúa Arias Páez. O Concello comeza a pagar as axudas aos autónomos pola crise da covid. Protección civil inicia unha campaña de recollida de alimentos e xoguetes para o Nadal.
En Verín, apróbase solicitar un crédito a curto prazo nun pleno extraordinadio no que a oposición abandona a sesión. Un expediente ao xinecólogo de Verín reaviva a polémica; grupos políticos e a sectores sociais apoian ao facultativo. National Geographic cita ao Museo Mercedario como referente turístico. Verín implícase coa reciclaxe dos residuos; os puntos limpos xa contan con paneis informativos. A Biblioteca de Verín recibe o premio María Moliner.
Barbadás volve a apoiar ao comercio local co “II Revive o comercio de Barbadás”. O Concello presentou o seu programa de Nadal no que Papá Noel e os Reis Magos farán videochamadas. Un obradoiro de emprego mellorará zonas verdes e xardíns. Axuda á segunda crianza; será de balde a Escola infantil municipal.
Últimas paradas da mostra sobre Carvalho Calero; Ribadavia e Ourense darán por finiqitada na provincia esta exposición itinerante. Unha exposición percorre a obra de José A. Valente no Marcos Valcárcel.
En deportes, o COB caeu ante Coruña non encontro ao que xa puideron acudir 50 persoas de público. O Club Ximnasia Pavillón deixa boas sensacións en Valencia. En Terceira, os catro conxuntos ourensáns non perderon. O CMD organiza unha San Martiño virtual.
Artigos, ocio, humor e máis, no novo número de Barrios.
Se queres ver ou consultar o periódico pincha neste enlace. Pincha