O Campionato de Galicia de kungfu saldouse cun gran éxito de organización por parte do Club Artai -xunto coa Federación galega de kungfu- que se celebrou o sábado, 28 de novembro.
Debido a actual situación do Covid-19 e co fin de garantir a seguridade dos participantes organizanse as duas probas na mesma xornada, co fin de unificar desprazamentos e evitar riscos.
O campionato foi organizado baixo estrictas medidas de seguridade, baixo o protocolo COVID que a federación de kungfu implementou baixo a supervisión da Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de
Galicia.
Na competición participaron preto de 80 practicantes de kungfu, dende os 4 anos ata os 88 anos. Este evento divídese en dúas modalidades diferenciadas; formas (coreografías de movementos de kungfu) e combate (modalidade de Sanda sen contacto), esta última como novidade este ano.
As modalidades de formas tiveron grande orixinalidade e vistosidade, intercalando exercicios de acrobacia con todas as técnicas de kungfu (posicións, patadas, bloqueos, golpes de man…).
Novidade
A nova e innovadora modalidade de combate, Sanda sen contacto (Sanda SC), fixo a sua primeira aparición en competición cunha inmellorable acollida por parte dos participantes. Esta modalidade consta de 5 apartados, nos que os competidores demostran as súas habilidades nos seguintes campos: salto á comba; golpeo de puños ó aire; golpeo de patadas ó aire; golpeo Total (todas as técnicas permitidas en Sanda); e habilidade de golpeo ó saco.
Estes apartados son correlativos, tendo un tempo de execución de 30 segundos e 30 segundos de descanso e cambio de zona para a preparación do seguinte apartado.
En canto á entrega de premios, ademais de todos os que estaban e disputa, tamén se deron dous premios especiais, Trofeo ó mais novo e Trofeo ó mais veterano.
Os deportistas mais destacados da competición foron:
– Jacobo Rodríguez Naveira, club ARTAI de Ourense, 3 ouros (dous en formas e un en combate).
– Belén Arjones Fernández, club WUDANG de Ponteareas, 2 ouros (os dous en formas categoría Absoluto Feminino).
– Hortensia Rodríguez Fernández, club PENTA de Vigo, 2 ouros (os dous en Qigong e Taiji).
– Mª Sonsoles Fabián García, club ARTAI de Ourense, 2 ouros (os dous en Taichi e Taichi armas).
– Andrea Álvarez Fernández, club ARTAI de Ourense, 2 ouros (os dous en formas categoría Xuvenil Feminino).
– Duna Fernández Joga, club ARTAI de Ourense, 2 ouros (os dous en formas categoría Xuvenil Feminino).
– Iria Castaño Mesa, club ARTAI de Ourense, 2 ouros (os dous en formas categoría Infantil).