O Concello de Ourense abrirá este xoves, 3 de decembro, un segundo prazo de inscrición para as actividades dos Centros Cívicos para nenas e nenos. A inscrición dá dereito a participar tanto nas actividades que se desenvolven de luns a sábados durante todo o curso escolar, como ás especiais de Nadal 2020. O prazo de inscrición abrirase o xoves, 3 de decembro ás 9 horas e pecharase o mércores, 10, ás 24 horas.
Debido ás restricións sanitarias na cidade e o espazo dispoñible nos centros, os grupos serán reducidos.
Haberá que inscribirse nas actividades semanais e de Sábado por quendas de días. Comunicarase telefonicamente a admisión.
Os horarios son os seguintes:
Actividades semanais: de luns a venres de 17:30 a 20:00 horas
Actividades de sábado: os sábados de 10:30 a 13:00 horas
Nadal 2020 (do 23 de decembro ao 7 de xaneiro ambos incluídos): de 9 a 14 horas de luns a sábado.
As actividades son gratuítas e para ter a posibilidade de acceder a elas o neno ou a nena deben estar empadroados no Concello de Ourense. A admisión nas quendas será por orde de entrada e orde de preferencia.