A Gala do FIR 2020 foi seguida en directo desde máis de 1.000 conexións de internet. Ademais, ás actividades paralelas do Festival tiveron moi boa aceptación por parte da veciñanza e das seguidoras/es nas plataformas virtuais.
A Dirección do FIR mantén un balance moi positivo desta XV edición que cumpliu con todas as medidas requeridas en tempos de pandemia.
Foi unha edición marcada pola adaptación da programación a pandemia derivada da COVID-19. Foron catro días que incluiron obradoiros, concertos, animacións, exposicións… nun marco virtual ou con distanciamento suficiente.
A Dirección do evento ven de destacar o alto grado de seguemento e interese mostrado a través das redes. O Obradoiro as Armadanzas encheu as suas prazas e os concertos virtuais foron seguidos por centenares de persoas.
Cabe destacar o éxito acadado na Gala Central do Sábado día 20 na cal se entregaron os Premios Rebulir da Cultura Galega a Mercedes Peón, Fina Calleja e a Banda de Música de Vilanova dos Infantes. Neste intre milleiros de persoas (1.300) por todo o mundo seguiron en directo as actuacións e discursos, superando as espectativas iniciais.
En definitiva, o obxectivo do FIR está cumplido ao ter achegado a moitos fogares o espírito deste evento, transmitindo as bases culturais utilizando a música como canle comunicativa. Desde Rebulir indícase que xa están traballando na XVI edición, agardando poder recuperar a convivencia e intercambio persoal, que son os piares que dan sentido a este tipo de eventos.