Miki, un rapaz galego-portugués, cheo de paixón musical, que participa en Recanteiros de Luar. O músico contanos o que sinte pola música, o seu paso polo programa Luar e a súa aprendizaxe no mesmo. O 25 deste mes regresa ao escenario de Luar para representar a Portugal Norte.
Que é a música para ti no teu día a día?
Miki: «A música para min é o estímulo que fai que cada mañá me levante alegre e con ganas de pasar un día estupendo. De feito, nada máis saír da cama, xa estou a tocar calquer instrumento e… veña música! Sen ela a miña vida non sería a mesma!».
Soñaches algunha vez en cantar no escenario dun programa de televisión?
M.: «Soñeino moitas veces pero sempre o vin como un imposible, xa que nunca creín ter a posibilidade de entrar nun concurso na televisión. Sinceramente, ao audivisual téñolle moito respecto. Aprendo moito cada venres que estou no plató. Fai que viva cada noite unha experiencia inolvidable, cuns compañeiros magníficos e sentindo moitas emocións.
Estou sempre desexando que se acabe a semana para poder coller o coche e irme ao plató 1.000 ao Luar».
Onde naceu a túa inspiración musical?
M.: «Miña irmá (Velusa) formaba parte do grupo musical «Os Trabazos». Eu dende pequeno sempre a acompañaba e ía ver as súas actuacións.
Un día animoume a ir aos ensaios deste grupo. Eran xente moi agradable e con moita retranca, facendo que me sentira moi ben compartindo con eles. Así comecei a ir varias veces con ela, ata que me insribín nas aulas de percusión. Aquilo namoroume. Un día, propuxéronme se quería comezar formalmente como integrante da banda a tocar o bombo. Sen dubidalo dúas veces, alí quedei xa no ensaio e practiquei como eles me ensinaron. Cheguei a casa e non daba crédito que xa formaba parte do grupo de forma oficial, xa era membro de «Os Trabazos». E a partir daquel día non perdía nin o primeiro ensaio. Actualmente sigo a formar parte dese grupo tocando o tamboril.
Co paso do tempo, tamén tiven a oportunidade de formar parte da Charanga TdB (Terras do Bibei) tocando a batería, onde me acolleron coma se fose un fillo máis. Coñecín a moi bos amigos, que sempre están ahí. De feito, xamais esquecerei os momentos que vivimos xuntos.
Actualmente son cantante na charanga Fuego Street Band de Verín, gran grupo e grandes profesionais. Nunca pensei poder formar parte deste grupo musical e poder cantar e aprender con excelentes músicos».
Como pensas enfocar o teu futuro?
M.: «Sempre que teña a oportunidade, enfocaría a miña vida na música. É para min o meu gran aliciente e a miña felicidade. Sería fantástico poder ser músico e vivir da miña paixón. Sei que é dificil, polo que hai que formarse tamén noutros ámbitos, por iso a compaxiño con outros estudos».
Que sentes cando tes a un público observándote e escoitándote?
M.: «Cando me subo a un escenario síntome acollido e arroupado. Sempre me gustou ter público, adoro que se emocionen conmigo e que consiga transmitirlle a paixón coa que canto e o significado que conleva esa canción, esa historia sentida que lles conto a través da música».
Como recanteiro que expectativas tes para o programa?
M.: «Por unha parte, establecer fermosas amizades entre todos os recanteiros, xa que en cuestión de menos dun mes, atopei neste camiño a xente fantástica coa que parece que xa coñecía de toda a vida. Por suposto, teño a ilusión de poder chegar a última fase do concurso. Está complicado xa que teño uns compañeiros con moito nivel, polo que traballarei e serei constante, gozando fase a fase. Aprender moito é super importante para min, atender a todos os consellos que nos da o xurado e Pedro, ademáis de sempre adquirir aprendizaxe do mundo audiovisual que tanto adoro cada venres no programa».
Con que rexistro musical te identificas máis?
M.: “Persoalmente gústame moito a música Pop e a Latina. Son moi versátil polo que ando sempre a cantar diferentes rexistros. Disfruto moito cantando, sempre sentido e transmitindo dende o corazón».