A situación epidemiolóxica fai que os concellos busquen alternativas no ocio destas datas.

A provincia reinvéntase neste Nadal

A COVID-19 fixo que as nosas vidas cambiaran, polo momento, á hora de socializar e de realizar as actividades que máis nos gustan. E se hai unha época de grandes festexos e de celebracións e actos multitudinarios esa é o Nadal. Os concellos provincia de Ourense teñen que reinventarse para buscar alternativas con aforos máis pequenos pero sen perder o espírito navideño. Por iso, as cabalgatas dos Reis Magos non terán lugar, pero si haberá outras moitas alternativas para que os máis cativos da casa non perdan a oportunidade de ver ás súas maxestades.
Reforzar a iluminación navideña é unha das premisas da maioría de concellos, para incentivar o optimismo e a compra no comercio local.

Ourense
Na capital, as principais propostas da programación de Nadal pasan polo teatro infantil, un bus musical itinerante, un concerto de Reis e o Belén municipal. Ademais, as súas maxestades recibirán á rapazada da cidade o día 5 de xaneiro, no Auditorio, ás 16h (baixo reserva). Desde o Concello tamén quixeron ampliar este ano as luces de Nadal a máis rúas da cidade.
O autobús musical itinerante percorrerá as rúas da cidade o martes 22 (12.30h Broken Peach e 18.30 h Priscila); o mércores 23 (12 e 18 h Papá Noel e Priscila); o xoves 24 (12h Papá Noel e Priscila); o sábado 26 (12.30 e 18:30h Broken Peach); sábado 2 (12.30 Broken Peach e 18.30 h Priscila); e o domingo 3 (12.30 e 18:30h – Priscila).
A MOTI terá lugar os días 23 e do 26 ao 30 de decembro en varios emplazamentos da cidade. O Belén de Baltar volve a estar presente na praza de San Cosmede e Damián ata o 6 de xaneiro de 11 a 13:30 e de 17:30 a 20:30 (os días 25, 1 e 6 só pola tarde). A Orquestra Clásica de Vigo fará o concerto de Nadal no Auditorio o 9 de xaneiro. Tampouco faltarán as exposicións nos distintos espazos expositivos.
Por outra banda, o torneo de vídeoxogos de Nadal que organiza o Concello será, este ano, virtual e ‘online’. Desenvolverase do 26 ao 30 de decembro en horario de 19 a 21:30 horas. Este evento está dirixido á mocidade de 10 a 35 anos, realizaranse dúas competicións, o FIFA 21 e o Fortnite e serán retransmitidos online a través das canles de twitch e youtube.

Verín
En Verín apostan pola cultura segura e a dinamización do comercio local. A presenza dos Reis Magos será estática na praza do Concello (domingo 5 de xaneiro, de 17 a 20 h). A concelleira de Educación Cultura e Festexos, Emilia Somoza, explicou que preparan a súa chegada “de forma segura, na que os máis pequenos da casa poderán visitar ás súas maxestades e deixarlle as súas cartas”.
Un spot promocional apoia ao comercio local no Facebook e na web do concello; “Xuntos, é o momento de apoiarnos” é o lema. O Belén da Viruca poderase visita ata o 6 de xaneiro no Salón Parroquial de Verín (en horario de luns a sábado de 17 a 20 h e domingos e festivos de 11 a 13 e de 17 a 20 h). O roforzo da iluminación de Nadal é outra das medidas adoitadas polo goberno Municipal.
Papa Noel, elfos e personaxes de Disney farán un pasarrúas música, cor e moita neve os días 19, 23 e 26 de decembro e 2 de xaneiro de 17 a 20 horas.
O teatro tampouco faltará nestas datas e, así, o sábado 26 chegará a obra “Idiota” (19 horas, Auditorio) e o domingo 3 de xaneiro representarase “Mmm! unha comedia musical para chupar os dedos! (ás 17 h no Auditorio); a entrada de cada un dos espectáculos é de cinco euros. A música correrá a cargo de “De Vacas” o 6 de xaneiro ás 19 horas tamén no Auditorio (entrada a 5 euros).
Outro prato forte no val do Támega é o sorteo de 6.000 euros para incentivar o consumo no comercio local -organizado por AEVER en colaboración co Concello de Verín-. Ata o 26 de decembro os establecementos que participan na iniciativa entregarán boletos (por compras superiores a 20 euros) para participar no sorteo que terá lugar o día 30. Os gañadores deberán gastar o premio (cartos) nos locais que participan na campaña. Esta iniciativa forma parte das accións de apoio ao comercio local implementadas polo grupo de goberno, a través da área de Promoción do Comercio Local, e que comprende un amplo paquete de medidas «coas que pretendemos reactivar e poñer en valor a actividade comercial da nosa vila», explicou María Isabel González, concelleira de Comercio Local. Máis información en www.ccaverin.com.

Barbadás
No concello limítrofe coa capital, Papá Noel e os Reis Magos quedarán cos rapace de Barbadás por videochamada de Whatsapp. Para elo, deben inscribirse en www.nadal2020.es. O prazo de solicitude para Papá Noel xa rematou, e o dos Reis Magos, o está aberto ata o martes, 29 de decembro. O fío musical nas rúas será outra das novidades nestas atípicas festas.
Desde o luns 21 está aberta a exposición do concurso de postais de Nadal na Casa da Cultura Manuel María.
O teatro (os días 22, 28 e 4 de xaneiro), o cine (días 23 e 29) e a música (días 29 e o 5 de xaneiro) terán cabida este Nadal no auditorio Manuel María.
A obra “Lázaro de Tormes” representarase o martes 22 ás 18.30 horas; o luns 28 (18.30h) será o turno de “O lobo e a lúa” e o día 4 de xaneiro (18.30h) Sarabela Teatro chega co “Secuestro da bibliotecaria”.
A proxección da película “Polar express” está prevista para o mércores 23 ás 17 e ás 18.30 horas na Sala Manuel María. O día 29 visualizarase outra película infantil aínda por determinar.
En canto á música no Auditorio está chegará da man dos clarinetes (martes 29 ás 16 horas) e dos clarinetes (martes 5 de xaneiro ás 16 horas) da Escola de Música. O aforo para estos eventos estará reducido a 30 localidades en cada pase polo que se accederá con invitación ata completar aforo.
Tampouco faltará o Apalpador co seu espectáculo “O castiñeiro do Apalpador” o mércores 30 ás 17 e 18.30 horas na Sala Manuel María (auditorio e Casa da Cultura).
O polideportivo da Valenzá acolle o mércores 23 de decembro unha masterclass de baile para cativos (poden ir acompañados). Reservas na nova app do polideportivo ou no teléfono 988 26 35 19.
O colexio Filomena Dato acolle un circuíto de patinaxe os días 28, 29 e 30 de decembro (luns, martes e mércores, respectivamente) de catro a sete da tarde. O sábado 26 a Casa da Mocidade terá unha xornada de portas abertas.
O concerto do Coro da Escola de Música fará a súa función o mércores, 30 de decembro, ás 16 horas xunto á rotonda da familia (avenida de Celanova).
As Súas Maxestades os Reis Magos farán un percorrido polos pobos do concello o martes 5 de xaneiro a partir das 16.30 horas.
As actividades de Nadal rematarán o xoves día 14 -ás 11 horas- cun streaming, para os colexios O Ruxidoiro e Filomenta Dato da obra de teatro “O secuestro da bibliotecaria” de Sarabela Teatro.

Xinzo
Na capital da Limia queren encher de luz este Nadal con máis elementos luminosos que nunca. Ademais, haberá 56 casas navideñas, 8 bonecos de neve, 6 trineos, 24 renos, 2 locomotoras, 26 bolas de Nadal, 6 construcións murais sobre madeira e un cento de doces de Nadal.
Para estimular as compras en Xinzo está en marcha unha campaña á que se adheriron 120 establecementos. Entre os clientes dos establecementos adheridos sorteanse cada semana 3.300 euros, habendo repartido xa os primeiros premios. Os gañadores deberán reinvestir os premios nos locais que se sumaron á campaña. “Os comercios e negocios de Xinzo necesitan hoxe, máis que nunca, que as nosas compras as fagamos no pobo, porque teñen de todo, e si algo non teñen seguro que podemos esperar para que o pidan”, explicaba a alcaldesa, Elvira Lama, na presentación da programación de Nadal ante os representantes da hostalería e o comercio local. Ademais, fixo un chamamento a mercar en Xinzo. “Amazon ou incluso Inditex e outros xigantes nin crean riqueza no Concello, nin dan traballo aquí, nin pagan impostos en Xinzo. Nesta crise podemos e debemos axudar aos nosos comercios, a nosa hostaleira, que leva un mes pechada, e as empresas de aquí que abren as súas portas cada día con gran esforzo”. Segundo Manuel Pérez, concelleiro de Promoción Económica, “son os premios de maior contía da historia da vila nunha campaña deste tipo” aseguraba.
O concello decidiu suspender todas as actividades habituais do Nadal en Xinzo, como a cabalgata ou os concertos, que serán substituídos, segundo explicou o concelleiro de Cultura, Ramiro Rodríguez, “por unha alternativa virtual”. Os rapaces de Xinzo poderán facer unha videochamada (por whatsapp) co personaxe que elixan entre o Apalpador, Papa Noel ou os Reis Magos. Agora soamente está aberta a opción dos Reis Magos (ata o 29 de decembro). Máis información no teléfono 641 585 245 ou na web http://nadal2020.xinzo.gal/.

Allariz
Allariz celebra o Nadal cunha programación chea de actividades para todos os públicos. As actividades programadas irán dende cinema, actividades infantís, concertos, obras de teatro, actividades deportivas, maxia e outras propostas.
A Casa da Cultura de Allariz acollerá as proxeccións das películas “A galiña turuleca” (mércores 23 ás 17 e 19 horas); “A illa das mentiras” (domingo 27 ás 18 e 20 hora); e “Zapatos vermello e os 7 trolls” (mércores 30 ás 17 e 19 horas). A entrada será de 2 ou 3 euros, agás na do mércores 30 que será de balde.
En canto á música Pauliña “A malfalada” actuará o sábado 2 ás 20 horas (entradas 6/8 euros). O concerto de “Os dous porquiños” será o domingo 3 de xaneiro ás 12.30 h na Casa da Cultura (entrada de balde).
A maxia este Nadal virá da man do Mago Teto, que se o tempo acompaña, será ao aire libre no Campo dos Brancos o domingo 27 ás 12 h (entrada 3/4 euros).
O teatro fará a súa presenza con “Tres vellas” (público adulto) na Casa da Cultura o sábado 29 ñas 20 horas (entrada 5/7 euros).
A Derradeira Solidaria non faltará á cita. Nesta ocasión se celebra, debido a situación sanitaria, dende o 24 de decembro ao 6 de xaneiro. Participarase de maneira individual, cada dorsal deberá facer a proba por libre. A inscrición será solidaria como sempre, na que as persoas que se anoten a participar deberán entregar un quilo de comida.
Para os máis cativos está preparado un campionato de billarda do 28 ao 30 de decembro (de luns a mércores). Será no Campo da Barreira de 11.30 a 13.30 horas e as inscricións faranse na Casa da Cultura.
Para rematar, organízase un campionato de Arume Xogal (o trivilal galego) do 26 ao 6 de xaneiro na Casa da Mocidade.
A Visita dos reis non será como os anos pasados xa que non haberá cabalgata, pero os nenos alaricanos poderán saudalos, gardando as distancias de seguridade, o mércores, 5 de xaneiro, no soportal do pavillón do instituto.
En todos os espectáculos deberarase reservar entrada na Casa da Cultura ou da Mocidade; a contía menor é a das que se adquiren mediante a tarxeta cidadá.