O Centro Comercial Ponte Vella celebra un Nadal cargado de eventos e cunhas excepcionais medidas de seguridade para acudir de xeito seguro.
O primeiro día grande será a Noiteboa e con ela chega Papa Noel cargado de agasallos. Para elo, ata o día 23 -de 12 a 14 e de 16 a 20 horas- e o día 24 -e 12 a 14 e de 16 a 19 horas- no espazo adicado a Papá Noel (segunda planta). A todos os nenos que vaian regalaraselles un pack individual de doces e chocolatina, ademais dun osiño de peluche aos que deixen a súa carta nas caixas de correo habilitado. Proxectarase un vídeo realizado por Papá Noel explicando aos cativos como leva os preparativos para entregar os regalos por todo o mundo.
Por suposto, contan con todas as medidas de control, limpeza e seguridade para garantir a comodidade e protección de clientes e traballadores, incluíndo protocolos específicos fronte á COVID-19.
Apertura
Ponte Vella abre todos os domingos de decembro ademais do 3 de xaneiro. O horario de antención ao público é de 11 a 21 horas.
Ademais, ata o 10 de xaneiro, lánzase unha campaña para que os clientes que o desexen poidan facer as súas compras en establecementos de Ponte Vella (en tenda física ou por encargo) e envíenselle ao seu domicilio ou ao destinatario que especifiquen como agasallo de forma cómoda e segura.
Solidariedade
Nestas datas non podería faltar a solidarieda. O Centro Comercila colabora con distintas campañas solidarias como a Operación Quilo de Amencer, Cruz Vermella, Protección Civil e outras moitas. Por esta razón, habilitan varios puntos de recollida (de roupa, xoguetes, alimentos, doazóns…) na planta de ocio (entrada principal) e na planta baixa (zona información).