Barbadás celebrará o Desfile do Entroido en formato virtual e está aberto a toda a cidadanía para que participen de xeito individual, por parellas ou grupos de convivintes. O prazo de inscrición para participar no Entroido Virtual será ata o 13 de febreiro de 2021 ás 14 horas.
Formulario de participación:
https://www.barbadas.es/barbadas-celebrara-o-desfile-do-entroido-en-formato-virtual/
Para calquera dúbida ou información pode vostede chamar ao teléfono 988 24 68 85.
As bases que rexen a participación e o desenrolo do desfile virtual estarán suxeitas a calquera modificación para atender en todo momento as instruccións dictadas pola Autoridade Sanitaria.
O desfile virtual será o martes día 16 de febreiro durante todo o día e o seu percorrido poderá visualizar na páxina web barbadas.gal e nas redes sociais do Concello de Barbadás.
As persoas que queiran participar no Desfile Virtual do Entroido de Barbadás deberán adxuntar a súa foto (a/as foto/s deberán incorporar no disfraz unha mascarilla).
A cada grupo ou persoa inscrita adxudicaráselle un número coa orde de participación no desfile.
Os/as participantes deberán inscribirse nunha única categoría. Poderá participar calquera persoa ou grupo de persoas (persoas conviventes) que presenten a solicitude no prazo establecido.
O desfile virtual establece 4 categorías: a) Comparsas: Conviventes sen número máximo, b) Parellas, c) Individuais Adultos, d) Individuais Infantís (ata 12 anos). Haberá un premio especial para o disfrace máis inxenioso.
Premios:
Comparsas: 1º premio:450 €. 2º premio: 350 €. 3º premio: 250 €.
Parellas: 1º premio 150 € 2º premio 75 € 3º premio 50 €.
Individuais adultos: 1º premio 100 €. 2º premio 50€ 3º premio 25€
Individuais infantís: 1º premio bono regalo 100 €. 2º premio bono regalo 50€ 3º premio bono regalo 25€ Bono regalo para mercar en librerías e xogueterías do Concello, con data de caducidade o 30 de setembro de 2021.
Categoría Especial Premio de 100€ para o disfraz más enxenioso.
Con esta iniciativa o Concello de Barbadás “pretende seguir mantendo a tradición do Entroido no noso municipio a pesar do estado de pandemia, que se remonta a moitos anos atrás e que se iniciou nas parroquias do rural do noso concello e que se trasladou e pervive con moita intensidade na Valenzá”, indica Xosé Carlos Valcárcel, o alcalde de Barbadás.
Valcárcel explica que “é importante que a tradición deste Entroido se adapte á nova realidade e teña unha continuidade ata que a situación de emerxencia sanitaria desapareza”.
A concelleira de Cultura, Marga Pérez, comenta que “debido ás circunstancias tan excepcionais que estamos vivindo, faise necesario buscar unha alternativa para que todos e todas poidamos seguir gozando do noso Entroido. Como este ano temos que prescindir do desfile pola rúa, pero non das gañas de disfrazarnos, O Concello de Barbadás organizou o desfile do Entroido Barbadás 2021 en formato virtual”.
O pago dos premios realizarase mediante transferencia bancaria, presentando se é o caso, certificación da exención do IVE. Nos demais casos, as compensacións económicas estarán suxeitas ás retencións que correspondan en función da normativa fiscal.
SOURCE: Desfile virtual Barbadás