O Concello iniciará este mércores, 17 de febreiro, as obras de acondicionamento e reparación do Punto Limpo das Eiroás, na estrada de Vilar de Astrés, co obxectivo de reforzar o control da separación e reciclaxe de residuos, e para facilitarlle á cidadanía o fomento destas prácticas. As obras contarán cun orzamento de 45.358,39 euros.
Durante a duración destas obras -que se estima en dous meses-, todos os residuos serán entregados no punto limpo que o Concello ten en Santa Mariña ou xestionados a través do punto limpo móbil.
Punto móbil
As persoas que desexen desfacerse de pequenos residuos domésticos -aparellos eléctricos e electrónicos, baterías, mobles e residuos voluminosos, papel e cartón, radiografías, pintura, tintas e disolventes, aerosois, lámpadas e tubos fluorescentes, vidro plano, aceite usado de automoción, roupa e calzado, madeiras, metais, aceite usado vexetal- poderán chamar ao Punto Limpo móbil que o Concello de Ourense pon ao alcance da cidadanía.
Teléfono gratuíto (Ecourense) 900 810 081.
SOURCE: Punto Limpo Eiroás