O Concello de Ourense reabre a convocatoria para a creación dun listado de interesados/as para a selección de persoal funcionario interino de educador/a social para o Centro de Información Municipal da Muller.
Por decreto número 202100289 de Concellería Delegada de Recursos Humanos de 15 de xaneiro de 2021 aprobouse a estimación parcial dun recurso de reposición no relativo a falta de publicación nun dos diarios de maior difusión da provincia, da convocatoria para a creación dun listado de interesados para selección de persoal de Educador Social para o Centro de Información Municipal da Muller funcionario interino do Concello de Ourense polo que se publica o presente anuncio.
De conformidade coa devandita resolución desde a data da de hoxe computarase o prazo de 10 días para presentar novas instancias.
A convocatoria ten por obxecto a creación dunha lista de interesados/as para a selección de funcionario/a interino/a de Educador Social para el Centro de Información Municipal da Muller do Concello de Ourense.
As solicitudes para participar no proceso selectivo dirixiranse ao Sr. Alcalde do Concello de Ourense, e presentaranse no Rexistro Xeral do Concello de Ourense o en calquera das formas establecidas no artigo 16.4 da Lei 39/2015, de 1 de outubro do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas.
Os e as interesadas que xa realizasen a solicitude non terán que volver presentala. Si rematado o prazo establecido na publicación, non se presentara ningunha nova solicitude, terase por rematado o procedemento e a lista terá carácter definitivo.
No caso de que si existan nova ou novas solicitudes, procederase a súa valoración polo Tribunal coas mesmas bases e criterios aplicados con anterioridade, pero tendo en conta como data límite dos méritos alegados, o día 25 de marzo de 2019 data na que rematou o prazo de presentación de instancias na primeira convocatoria.
Os criterios de selección consistira na valoración de méritos, conforme co especificado nas bases as bases encóntranse publicadas na páxina WEB municipal:
https://www.ourense.gal/gl/areas/recursos-humanos/procesos-selectivos
SOURCE: listado persoal interino