Nesta ocasión, a portada trae a reapertura da hostalaría en Ourense; iso si, unha reapertura ata as 18h, que é cando deben pechar bares e cafeterías. A covid19 segue á baixa na nosa provincia pero non se pode baixar a garda e menos agora cando comeza a desescalada.
As obras da avenida de Portugal de Verín están en marcha e construirán un carril bici. En Xinzo, reformouse a Casa da Cultura. Ademais entrevistamos aos artífices da Revista INviable.
Ourense en obras: son nestes días as innumerables obras que se están a dar na cidade. A reforma da contorna da ponte Romana, o punto limpo de Eiroás ou un parque infantil en Vilar de Astrés son algún exemplo. Ademais, o Concello comezou coa reparación de bierarrúas na cidade que o levará a arranxalas ata xaneira de 2023.
O Centro Cultural Marcos Valcárcel e a sala de exposicións de Afundación, na praza Maior, acollen a exposición “Galicia, de Nós a nós”. Unha mostra que abre as súas portas ata o vindeiro 18 de abril.
Ourense estrea intermodal. Agora pasar do tren ao autobús é cuestión de 30 segundos. O alcalde de Ourense, Gonzalo Jácome, e o delegado da Xunta, Gabriel Alén, mantiveron unha reunión na que o primeiro trasladoulle unha serie de peticións á Administración Rexional.
En Verín, o polígono de Pazos albergará unha planta de biorresiduos que será a cuarta de Galicia. O Goberno Local aproba o novo Instrumento de Ordenación Provisional Urbanística para dar seguridade xurídica urbanística a quenes queiran desenvolver proxectos no municipio.
A DO Monterrei renova con Abanca a súa colaboración e ademais a Deputación achega 60.000 euros para o seu funcionamento e estratexias de promoción.
A Covid-19 fai perder a Barbadás 150.000 euros, por diversos conceptos que deixou de cobrar e o incemento do gasto.
O Concello de Barbadás abre o prazo, durante todo o mes de marzo, para a solicitude das axudas destinadas a familias en cuxo ámbito existan unha ou máis persoas celiacas ou intolerantes á lactosa.
No pleno do mes de xaneiro aprobouse o orzamento de 2021 para o Concello de Celanova. Serán algo máis de 3,8 millóns de euros.
Allariz celebra as Xornadas para a Igualdade do 8 ao 20 de marzo.
O Festival Internacional de Xardíns de Allariz retoma os traballos para unha nova edición.
Case un millón para inversión real, no orzamento de 2021 para o Concello de Xinzo. O concello permite as carpas nas terrazas sempre e cando non molesten a peóns ou vehículos.
Deportes, provincia, artigos, clasificados e máis no novo número de Barrios.
Se queres ver ou consultar o periódico pincha neste enlace. Pincha
SOURCE: Barrios 139