O Centro de Intelixencia Artificial do Concello de Ourense reinicia os seminarios do seu programa «Os venres con IA», en colaboración coa UNED. Esta segunda edición contará con oito relatorios, que se emitirán a través da canle de vídeos www.intelixencia-artificial.ourense.gal ás 12 horas, estando abertas a todo o público que desexe seguir estas charlas. O primeiro relatorio será este venres, 5 de marzo: «Extracción de Información no dominio médico», a cargo da catedrática doutora Lourdes Araujo Serna.
Nesta presentación percorreranse algunhas das moitas aplicacións que teñen as técnicas de Procesamento de Linguaxe Natural para mellorar os procesos de obtención de información no dominio médico. Estes procesos van desde a recompilación e cruzamento de información de distintas fontes á axuda ao diagnóstico, pasando pola mellora da comunicación a distintos niveis. Imos ver tamén que técnicas están a utilizarse nestas aplicacións e cales son as vantaxes e desvantaxes dos distintos enfoques. Para rematar o relatorio, revisaranse algúns dos retos máis importantes na área.
Programación
– 5 de marzo – Lourdes Araujo Serna, «Extracción de Información no dominio médico»
– 12 de marzo – David Moreno Salinas, «Intelixencia artificial e ciencia de datos para a identificación e modelado de vehículos autónomos»
– 26 de marzo – Ángeles Manjarrés, «Intelixencia Artificial e Axenda 2030»
– 9 de abril – Andrés Duque Fernández, «Evolución histórica, aproximacións actuais e desafíos abertos»
– 16 de abril – Enrique Carmona, “Algoritmos evolutivos e as súas aplicacións”
– 23 de abril – Ana García Serrano, «Procesamento da linguaxe natural nas humanidades dixitais.»
– 30 de abril – J. L. Aznarte, “A predición automática de indicadores COVID con intelixencia artificial»
– 7 de maio – Olga Santos, “Intelixencia Artificial no Deporte»
Toda a información, en www.intelixencia-artificial.ourense.gal
SOURCE: Venres con Intelixencia Artificial