O delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, desprazouse ata o Concello de Baltar para comprobar o estado das obras da Casa da Cultura “Nelson Zumel”, na que a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda a través dun convenio asinado co concello inviste preto de 50.000 euros no seu acondicionamento. Trátase dunha segunda fase de actuación que completa unha primeira iniciativa na que a Xunta investiu 165.419 euros nas obras de adecuación e mellora do contorno da Casa do Concello.
Despois de manter un encontro institucional na Casa do Concello con seu alcalde, José Antonio Feijóo, onde despacharon as principais demandas deste municipio en relación á Administración autonómica, ámbolos dous achegáronse á Casa da Cultura para percorrer as distintas salas do edificio, así como o seu entorno inmediato onde se están desenvolvendo as distintas actuacións de mellora.
As obras supoñen o arranxo e adecuación dunha edificación en planta soto, baixa e unha planta alta para Casa da Cultura. As actuacións nas que se está a traballar consisten na colocación dunha nova cuberta, a montaxe de canles e baixantes de alumino lacado, a renovación do revestimento exterior, o acondicionamento acústico do salón de actos e a instalación de iluminación LED no salón de actos. Nas inmediacións da edificación, tamén se humanizará o espazo peonil, se delimitarán as zoas de aparcamento de vehículos coa colocación dun pavimento de pedra, instalarase unha nova iluminación e soterrarase as liñas aéreas existentes.
O delegado territorial verificou o bo ritmo dos traballos, e explicou que “a Consellería de Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda impulsou o Plan hUrbe, coa finalidade de dar resposta a un obxectivo prioritario como mellorar os equipamentos e dotacións, aumentando a variedade e elevando os niveis de servizos, có fin de proporcionar unha oferta de calidade e axeitada ás necesidades da poboación có fin de incrementar o atractivo das vilas e dos núcleos rurais da nosa comunidade autónoma”.
Nesta liña de traballo en colaboración cos concellos, subliñou Gabriel Alén, “trátase de conservar o estado dos inmobles e de incrementar a oferta de infraestruturas e equipamentos óptimos para o desenvolvemento de actividades e eventos de carácter cultural que permitan garantir o acceso á cultura á totalidade da poboación”.
Así mesmo, continuou delegado territorial, “dende o Goberno galego consideramos que é necesario acometer actuacións orientadas a frear o despoboamento, potenciando as infraestruturas, servizos e equipamentos e, en definitiva, mellorando o benestar e a calidade de vida dos seus habitantes.
SOURCE: Casa da Cultura de Baltar