A Xunta inviste 738.984 euros en ámbolos dous.

Dous obradoiros promoven o emprego xuvenil na provincia

O delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, visitou, acompañado do presidente da Mancomunidade de Verín, José Luís Suárez, e o alcalde de Verín, Gerardo Seoane, as instalacións do obradoiro de emprego “Mocidade da Mancomunidade V”, neste caso, á sede da Mancomunidade, onde o seu módulo de atención socio sanitaria en institucións sociais se está desenvolver, e no que, xunto co módulo de froitocultura, a Xunta inviste máis de 369.400 euros.

Nestes cursos, que principiaron o 7 de setembro e participan 16 alumnos/as traballadores/as, estanse a impartir dúas especialidades: froitocultura, e atención socio sanitaria en institucións sociais. Alén Castro, sinalou que os talleres están dirixidos á realización de obras ou prestación de servizos de interese xeral e social que posibiliten un traballo que, xunto coa formación profesional para o emprego, busque a súa cualificación profesional e favoreza a súa posterior inserción laboral. Esta formación impulsa tamén o emprendemento, xa que os beneficiarios reciben formación específica que lles permitirá iniciar os seus propios proxectos.

O representante do Goberno autonómico destacou que a formación que se imparte nos concellos está adaptada aos perfís máis demandados das empresas da contorna polo que algúns alumnos atopan emprego mesmo antes de finalizar a súa formación. O delegado da Xunta felicitou aos participantes: “porque teredes a oportunidade de formarvos durante meses e de traballar para mellorar as vosas capacidades profesionais e a vosa empregabilidade, polo que é moi importante aproveitar esta formación para poder atopar un emprego”.

Provincia
Na provincia de Ourense concedéronse dous obradoiros por un importe de 738.984,64 euros, que darán formación a 32 alumnos-traballadores en especialidades formativas como repoboacións forestais e tratamentos silvícolas, froitocultura ou atención sociosanitaria en institucións.
En canto aos obradoiros ordinarios, a provincia de Ourense conta con 16 en execución na que participan 47 concellos e nos que a Xunta inviste 5,4M de euros, e ven de rematar o prazo de solicitudes para a convocatoria 2021-2022 tanto dos obradoiros xuvenís como dos ordinarios.

As entidades promotoras dos programas son os concellos, mancomunidades de concellos ou entidades públicas dependentes ou vinculadas a un concello de Galicia. A Xunta de Galicia financia os gastos derivados da posta en marcha e desenvolvemento do programa e os custos de contratación das persoas mozas participantes.

A etapa de formación en alternancia coa práctica profesional ten unha duración de 12 meses, que tamén estará dirixida á aprendizaxe, cualificación e adquisición de experiencia profesional.

Actuacións proxectadas
O obxectivo do módulo de froitocultura é realizar as operacións de instalación, mantemento, produción e recolección nunha explotación froiticultura, controlando a sanidade vexetal, manexando a maquinaria, aplicando criterios de boas prácticas agrícolas, rendibilidade económica e cumprindo coa normativa medioambiental, de control de calidade, seguridade alimentaria e prevención de riscos laborais vixentes. Os ensaios de viña e cultivos levanse a cabo no Centro Agrogandeiro do INORDE en Monterrei.

Pola súa banda, o módulo de atención socio sanitaria en institucións sociais, xunto coa formación teórica, esta contemplado que este se complete na Residencia do Toural e na Residencia dos anciáns desamparados de Verín.

SOURCE: Obradoiros emprego