O delegado da Xunta, Gabriel Alén, segue recabando as demandas dos concellos da provincia de Ourense no que atinxe á administración autonómica.
Nesta ocasión, desprazouse ao concello de Vilardevós para reunirse co seu alcalde, Manual Cardoso, e ao concello de Verín para manter un encontro co seu rexedor, Gerardo Seoane. En ámbolos dous encontros analizou cos primeiros edís as principais demandas destes municipios en relación á Administración autonómica.
No caso do municipio de Vilardevós, os principais asuntos que repasaron foron en materia de augas e saneamento.
En canto ao concello de Verín, trataron asuntos en materia de infraestruturas viarias, saneamento e polígonos industriais.
Gabriel Alén tivo a ocasión de analizar co alcalde a decisión unilateral de peche da Oficina Agraria Comarcal na antiga Praza de Abastos. O delegado amosoulle o seu rexeitamento a esta medida, adoptada sen comunicación á Xunta, subliñando que “esta oficina é moi importante» para o servizo dos agricultores, gandeiros e silvicultores da bisbarra, e reiteroulle a oferta de diálogo, como xa fixera o conselleiro do Medio Rural, José González, “para buscar unha solución consensuada e que non afecte ás prestacións que proporciona ao sector agrícola e gandeiro da comarca”.
SOURCE: Gabriel Alén visita Verín e Vilardevós