Nesta ocasión a portada trae as restricións que haberá tanto na ponte de San Xosé como, sobre todo, na Semana Santa: peche perimetral e toque de queda ás 23 horas, entre outras.
Ademais entrevistamos a José Manuel Díaz Barreiros, director da Gestoría Marcelino Díaz, que este ano cumple 65 anos servizo; e a Avelino Jácome, director da revista «Nós, a Xente do redor». A Ponte Pedriña de Celanova será restaurada pola Xunta de Galicia.
Ourense non deixou pasar a ocasión de celebrar o 8M. Moito menos concurrido que noutras ocasións pero igual de reivindicativo, no que a distancia social foi a tónica dunhas manifestacións que veron mermado o seu número de participantes.
O Concello de Ourense renovará a frota de autobuses urbanos xunto coa nova concesionaria do servizo.
Alumnos do colexion Franciscanas vístense de Ecovixiantes e limpan parques e rúas de lixo.
O concello mellorará o paseo do Miño á espera de facer un proxecto de máis calado.
En Xinzo analizouse o estado da súa flora. «La Caixa» apoia ao CDR O Viso. A Xunta acomete obras en Baltar -Casa da Xuventude- e Porqueira -residencia de maiores-.
A aula CeMIT de Celanova oferta este mes varios cursos para grandes e pequenos. Celanova convértese nun concello emprendedor ofrecendo ás empresas que mostren interese por instalarse nas súas localidades máis incentivos fiscais, maiores facilidades para acceder ao solo empresarial e unha simplificación na tramitación administrativa.
Do 19 ao 21 de marzo, Allariz celebra a Semana de oportunidades. O 4º Festival de curtas RiR prepárase para que se celebre do 8 ao 11 de setembro.
En deportes, o COB prepárase para chegar nas mellores condicións a segunda fase da liga, na que loitará pola permanencia. Este sábado, Envialia e Cidade disputan un derbi intrascendente; será no Paco Paz a partir das 16.30 horas.
Provincia, humor, artigos, e máis no novo número de Barrios.
Se queres ver ou consultar o periódico pincha neste enlace. Pincha
SOURCE: Barrios 140