O sábado 13 de marzo nas instalacións do clube E.D. Artai “O Vinteun” celebrouse o Campionato de Galicia de Kungfu moderno 2021, nas modalidades de Sanda SC, Taichi e Qigong.
O campionato foi organizado baixo estrictas medidas de seguridade, baixo o protocolo COVID que a federación de Kungfu implementou baixo a supervisión da Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia.
Na competición participaron preto de 80 practicantes de Kungfu, dende os 4 anos ata os 88 anos. A organización do evento correu a cargo de Escolas Deportivas Artai e a Federación Galega de Kungfu.
Este evento divídese en dúas modalidades diferenciadas; formas de Taichi e Qigong (coreografías de movementos de kungfu nesas especialidades) e combate (modalidade de Sanda Sen Contacto). Esta modalidade de Sanda SC naceu coma alternativa aos campionatos de combate debido as restriccións e mantense coma unha nova modalidade de competición con grande atractivo para os practicantes de kungfu de combate.
As modalidades de formas de Taichi e Qigong tiveron grande vistosidade e unha participación moi repartida nas distintas categorías de idade. Nestas coreografías de velocidade lenta podemos observar todas as técnicas de Kungfu (posicións, patadas, bloqueos, golpes de man…) de maneira precisa e armónica.
A nova e innovadora modalidade de combate, Sanda Sen Contacto (Sanda SC), fixo a súa segunda aparición en competición cunha inmellorable acollida por parte dos participantes.
Esta modalidade consta de 5 apartados, nos que os competidores demostran as súas habilidades nos seguintes campos:
1º Habilidade de salto á comba
2º Habilidade de golpeo de puños ó aire
3º Habilidade de golpeo de patadas ó aire
4º Habilidade de golpeo Total (todas as técnicas permitidas en Sanda)
5º Habilidade de golpeo ó saco
Nas categorías infantil, benxamín e prebenxamin a modalidade consta de 4 probas:
1º Habilidade de salto á comba
2º Habilidade de golpeo Total (todas as técnicas permitidas en Sanda)
3º Habilidade de salto á comba
4º Habilidade de golpeo Total (todas as técnicas permitidas en Sanda)
Estes apartados son correlativos, tendo un tempo de execución de 30 segundos e 30 segundos de descanso e cambio de zona para a preparación do seguinte apartado.
Equipo arbitral
Cabe mencionar que todo o equipo arbritral deste evento estivo formado por mulleres, facendo un apoio desde a organización do evento ao día internacional da muller do pasado 8 de marzo.
SOURCE: Club Deportivo Artai