O Concello de Ourense, a través da Concellería de Medio Ambiente, repuxo os aparellos do parque de adestramento físico dos Ponxos, no barrio do Polvorín, na marxe dereita do río Barbañica, xa que os vellos estaban desgastados polo seu uso.
O alcalde, Gonzalo Pérez Jácome, visitou esta actuación trala súa posta en funcionamento, moi demandada pola veciñanza.
O parque conta xa con 11 aparellos novos que permitirán realizar diferentes adestramentos cardiovasculares aos seus usuarios: esquí de fondo, slalom, patinaxe, bicicleta, remo, etc. e permitirá exercitar tódolos grupos musculares, gañar forza, tonificar músculos e mellorar a mobilidade articular das persoas.
O orzamento desta actuación foi de máis de 14.000 euros.
SOURCE: Parque Ponxos