Optarán a formar partes do programa do 32º Festival do Teatro Galego.

O Fetega recibe máis de 140 obras e espectáculos

O FETEGA acaba de facer públicos os resultados convocatoria para participar no 32º Festival do Teatro Galego “Celso Parada”, que se celebrará no Carballiño, a segunda semana de setembro. O Festival do Teatro Galego “Celso Parada” do Carballiño recibiu en 2021 un total 141 espectáculos, fronte 104 do ano pasado, o que supón un 40% máis que o edición anterior.

Todas as obras presentadas desenvólvense en galego e están producidas en Galicia. Das cales, 16 deles son estreas. En total, foron 51 os espectáculos presentados na categoría de sala para adultos (un 36%), 21 espectáculos de sala para nenos, 23 espectáculos de rúa, 12 de teatro para exterior en anfiteatro, 26 performances e 8 monólogos cómicos. Entre todos eles realizarase a programación definitiva. É a segunda vez que se fai deste xeito, a través de formulario online aproveitando as novas tecnoloxías que permiten recoller unha morea de propostas a través de ferramentas e web.

O festival é un trampolín para as compañías galegas, e o Carballiño unha praza onde todo o mundo quere estar. Estes datos amosan tanto a vontade clara de apoio da profesión ao festival do teatro galego, 141 espectáculos queren estar no FETEGA, como amplo o coñecemento do sector que aportan estas convocatorias á propia organización do festival.

As propostas puideron enviarse ata o 12 de febreiro a través do formulario electrónico de inscrición a través da páxina web fetega.gal, onde se debían describir as obras e achegar material de valoración.
Recibíronse obras de todo tipo de xéneros e temáticas na convocatoria 2021, de entre as que se elixirá a programación da segunda semana de setembro: circo e clown, circo e rúa, teatro clásico, clown, comedia dramática, comedia musical, comedia posdramática, improvisación, drama, poesía, teatro documento, maxia, cabaret, clown, narración oral, oráculo pós-dramático, performances, teatro contemporáneo, familiar, infantil…
Igualmente, nótase que as compañías produciron escasas obras o último ano por razóns da pandemia a espectáculos que non se puideron ver en 2020 e que se poderán ver neste 2021.

Distínguense en 6 categorías: Teatro de Sala para público adulto (Auditorio), dirixida a compañías galegas con espectáculos teatrais para adultos; Teatro de Exterior para público familiar (Anfiteatro) a compañías galegas con espectáculos teatrais de exterior para público familiar; Teatro de Rúa para público familiar compañías galegas con espectáculos teatrais e animación de rúa para público familiar; Teatro de Sala para nenos, espectáculos teatrais de interior para público infantil e bebés; Monólogos cómicos, dirixida a elencos e artistas galegos con espectáculos de humor; e Performances e pequenos formatos, espectáculos de performances e pequenos formatos, para desenvolver en interior ou exterior.

SOURCE: FETEGA