Un de fotografía e outro de vídeo.

Dous concursos para compartir os mellores recunchos do xeodestino “Área de Allariz, Maceda e Alto Arnoia”

O xeodestino “Área de Allariz, Maceda e Alto Arnoia”, tras o éxito da campaña de Entroido, vén de organizar dous novos concursos: un de fotografía e outro de vídeo; onde os usuarios poderán compartir as súas imaxes e vídeos dos seus recunchos favoritos de Allariz, Vilar de Santos, Xunqueira de Ambía, Baños de Molgas, Vilar de Barrio, Taboadela e Maceda. Unha nova acción do xeodestino para promocionar os sete concellos que o integran.
Onde participar

Todas aquelas persoas que desexen participan poderán facelo a través de https://deallarizamaceda.gal/oteurecunchofavorito/. Poderá participar calquera persoa residente en España – non se realizarán envíos dos premios fora da Península Ibérica -. É necesario compartir unha imaxe ou vídeo na aplicación do concurso, cubrindo os datos de participación.
O concurso estará activo ata o 4 de abril.
Os dous ganadores serán a fotografía e o vídeo máis votados e poderá verse na landing o día 5 de abril de 2021.

Concursos
Dentro da categoría “fotografía”, a imaxe máis votada, gañará unha noite de hotel para 2 persoas, con almorzo, no hotel Portelo Rural de Allariz e entradas gratis a museos de Allariz.
Na categoría “vídeo”, o vídeo máis votado gañará unha noite no Castelo de Maceda, para dúas persoas, con cea incluída.

Promoción dos 7 concellos
Coa recente creación do proxecto “De Allariz a Maceda”, que engloba todos os concellos do xeodestino “Área de Allariz, Maceda e Alto Arnoia”, continúan as accións de promoción dun dos destinos máis atractivos de Galicia. Por este motivo, animan a todos os veciños e veciñas da contorna a participar, para dar a coñecer a beleza de Allariz, Vilar de Santos, Xunqueira de Ambía, Baños de Molgas, Vilar de Barrio, Taboadela e Maceda.

SOURCE: Concurso xeodestino