Decrecendo

O decrecemento da aviación

O prezo dos voos foise abaratando nas últimas décadas, o que propiciou que voar forme parte do estilo de vida dun número cada vez maior de persoas. Con todo, menos do 10% da poboación mundial colleu algunha vez un avión.

Evitar unha crise climática inimaxinable requirirá un esforzo sen precedentes para reducir á metade o uso de combustibles fósiles en menos de 15 anos e eliminar, case por completo, o seu uso en 30 anos. Mentres tanto, a industria da aviación está a planear unha expansión xigante. As medidas actuais e previstas non abordan a raíz do problema, que é o crecemento do sector. Máis ben, desvían a atención da necesidade de reducir radicalmente a aviación.
Para dar lexitimidade a este crecemento en tempos de crise climática, deposítanse confianza e esperanza nas tecnoloxías máis novas e na compensación de emisións para lograr un crecemento neutro en carbono. Con todo, a aviación verde é unha ilusión, e seguirao sendo nas próximas décadas.

A única maneira de reducir eficazmente o impacto ambiental do sector é diminuír o número de voos, promover o decrecemento da aviación.
Soamente pódese conseguir aumentando os prezos dos billetes? É voar un dereito humano da xente adiñeirada? Ao redor do 90% da poboación mundial nunca colleu un avión, e uns poucos viaxeiros frecuentes teñen un impacto ambiental enorme.

Que paquete de medidas conduciría a un sistema de transporte socialmente xusto e ecoloxicamente racional? Ecoloxistas en Acción e a rede Stay Grounded publicaron un informe que analiza diversas propostas en profundidade para reducir a aviación, entre elas: os impostos, as taxas aos viaxeiros frecuentes, os límites aos voos de curta distancia, as moratorias para a construción e ampliación de aeroportos, etc.

As medidas para o decrecemento da aviación non orixinarán unha xustiza climática xeral. A aviación forma parte da economía e da sociedade, polo que buscar solucións aos seus problemas carrexará cambios en moitos outros sectores, incluídos o comercial e o turístico.

Poden descargar o informe na seguinte ligazón:
https://www.ecologistasenaccion.org/wp-content/uploads/2020/02/informe-decrecimiento-aviacion-2020.pdf
[Fragmento extraído da web de Ecoloxistas en Acción]

Óscar Blanco

SOURCE: O decrecemento da aviación