A Fundación Princesa de Girona, dentro do seu programa Xeración docentes escolleu o CRA Amencer de Ribadavia con sedes nas localidades de San Paio, Francelos e San Cristobo, para que dous alumnos de Educación Infantil ou Primaria, de trinta en todo o estado, desenvolvan programas docentes transformadores, con capacidade para innovar e xerar solucións aos grandes retos educativos.
Esta experiencia educativa levarase a cabo tamén no CRA Monterrei en Ourense; en Galicia, no CRA Coristanco (Coristanco), CRA de Valla (Valla), CRA Nosa Señora do Faro, CRA Rianxo e CRA Vilaboa. No resto do Estado, nas comunidades autónomas de Estremadura e Aragón. A contorna pedagóxica e social que ofrece o modelo da escola rural, organizado a partir do sistema de aulas multigrado, proporciona aos docentes lles oportunidade de traballar con metodoloxías educativas innovadoras.
O delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, louvou o traballo educativo das escolas rurais da provincia e de Galicia no acto de recepción a representantes da Fundación Princesa de Girona que se desenvolveu no CRA Amencer no concello de Ribadavia.
Gabriel Alén subliñou que “unha sociedade rural nunha escola rural como na que nos atopamos é un foco acendido de valores, relacións e comportamentos”. “Por experiencia, -continuou o delegado- sei que aquí foméntase a solidariedade e a igualdade, a escola pasa a formar parte do medio, e a familia a formar parte da escola”.
O delegado territorial manifestou que “o vencellamento entre os alumnos e mestre é mutuo, favorecendo a experimentación e a pedagoxía activa que permite a implantación dunha educación máis personalizada, e ao mesmo tempo máis enriquecedora, pois desenvólvense e interactúan, permanentemente mesturados, convivencia e aprendizaxe”.
O representante do Goberno galego aproveitou a súa estadía no CRA Amencer no concello de Ribadavia para amosar o seu recoñecemento aos profesores, educadores e persoal do eido educativo polo “polo voso labor activo e decidido a prol e a carón da educación e do entendemento en tempos de incertezas e desconcerto”.
Xeración docentes e os beneficios da escola rural
Trátase dun programa de desenvolvemento profesional para futuros docentes que ofrece formación, apoio para o desenvolvemento do traballo de fin de grado, acompañamento titorial e a oportunidade de vivir unhas prácticas singulares en escolas rurais de referencia de Aragón, Estremadura e Galicia.
A experiencia nunha contorna rural, con baixa ratio de alumnos e nun espazo natural, ofrece a oportunidade de coñecer a docentes cunha profunda vocación, altamente motivados e con gran capacidade de xestionar situacións complexas ante o cambio social.
O valor pedagóxico do aula multigrao e a heteroxeneidade do grupo, que facilitan a igualdade de oportunidades, a cooperación, o auto coñecemento e a inclusión, desde unha individualización eficaz da aprendizaxe, traballando da man das familias para potenciar o mellor de cada alumno.
E un clima familiar na aula que favorece a convivencia e o desenvolvemento da intelixencia emocional, ademais de crear comunidade e xerar impacto social, polo que créanse espazos de aprendizaxe que van máis aló do aula e xeran oportunidades ao alumnado e ao profesorado para mellorar as súas competencias.
SOURCE: Xeración docentes