Á portada volve ter á vacinación pola Covid19 como protagonista. A mesma marcha a bo ritmo a pesar de que pararon as vacinacións masivas en lugares como Expourense. As doses de Jannssen -dunha soa administración- administraráselles a dependientes e mariñeiros.
Os «Ecovixiantes» de Franciscanas seguen coa súa loito polo medio ambiente. Limpeza no río Loña foi unha das últimas actuacións.
O FIC Vía XIV deste ano xa conta co seu cartel anunciador.
Jácome quere incluir unha piscina termal na reforma da Praza de Abastos. Terá unha achega de 3 millóns de euros.
Días convulsos no concello de Ourense. Villarino dixo que renunciaba a ser alcalde para que o PP pacte co PSOE -condición que pediran os populares para facer unha moción de censura ao alcalde, Gonzalo Pérez Jácome-; porén xa non piden que se afaste senón que queren que deixe a súa acta de concelleiro.
Entrevistamos a Eva Guzmán, presidenta da Asociación Por Eles Tea Ourense.
O Concello de Barbadás apoia ao comercio local cunha nova axuda á hostalaría e a campaña do Día da Nai.
Un portal web para a promoción de inmobles; tamén difundirá terreos e negocios ubicados no municipio.
A primeira base aérea transfronteiriza contra o lume contruirase en Verín. O proxecto Interlumes contará cun investimento total que superará os nove millóns de euros.
Verín oferta 32 prazas de emprego público e realizará un programa de modernización cun Plan de Dixitalización.
Aever estrea web para a venda de produtos locais. Esta nova plataforma (www.olazaro.com) pretende chegar a esa clientela fiel que visita Verín en distintos momentos do ano.
Na provincia, melloraranse os centros de saúde dos concellos de Amoeiro e Manzaneda. Ámbolos dous proxectos suman un orzamento de máis de 90.000 euros.
En deportes, o Arenteiro moi preto o ascenso de categoría. Pola contra, a UD Ourense alónxase un pouco máis da salvación.
O COB respira trala vitoria ao Girona e xa pensa no partido deste venres contra Lleida.
Artigos, clasificados, provincia e moito máis, no novo número de Barrios.
Se queres ver ou consultar o periódico pincha neste enlace. Pincha
SOURCE: Barrios 143