O Concelleiro de Seguridade Cidadá, Telmo Ucha, asistiu ao acto de entrega do novo equipo de busca de vítimas co que contarán os bombeiros de Ourense.
Trátase dunha ferramenta que lles permitirá aos bombeiros detectar persoas que se atopen atrapadas en sinistros ou baixo os cascallos de estruturas derrubadas. O equipo está formado por cámaras de visión, cámara sobre carrete, e cámara estanca sobre carrete; unha cámara térmica que optimiza a busca de vítimas localizando a calor do corpo, mostrando na pantalla un rango de temperaturas entre 0 e 120 grados centígrados; detector sísmico sen fíos, unidade de control e pértega, entre outros accesorios.
SOURCE: Bombeiros Ourense