O Espazo Xove da Xunta en Ourense acolle a exposición “Aquela meniña de Sarria”, en homenaxe a Xela Arias no ano no que se lle dedica o Día das Letras Galegas; está elaborada polo Colectivo Egeria co patrocinio da Consellería de Cultura, Educación e Universidade.
Na inauguración participaron o delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, e o presidente de Egeria, Xulio Xiz, entre outros. A mostra, que estará aberta ata o 28 de maio, está composta por tres prismas con paneis que reflicten aspectos da vida da autora xunto con poemas e textos que lle dedican desde destacados escritores galegos ata alumnos e alumnas dos institutos sarriáns Xograr Afonso Gómez de Sarria e Gregorio Fernández. Tamén inclúe fotografías facilitadas pola familia de Xela e debuxos da pintora lucense Sabela Arias.
SOURCE: Espazo Xove