A portada, nesta ocasión saca á luz o número de vacinas que se levan sumistradas na nosa comunidade autónoma: Galicia leva máis dun millón de doses administradas. Ourense, e todas as cidades españolas poñen o límite de velocidade para vehículos en 30 km/h. A fonte Carlos Casares de Xinzo de Limia volve emanar auga 10 anos despois. Entrevistamos a Jorgé Emilio Bóveda despois de que sacará á luz a súa última novela, O libro cero.
En Ourense, Jácome rendiu contas da súa viaxe a Cataluña e avanzou que agarda que se adxudiquen as escaleiras mecánicas no mes de decembro.
Ponte Vella únese á reciclaxe coas máquinas Reciclos. O subdelegado do Goberno fomenta a convivencia cidadá cunha reunión con colectivos do barrio do Couto. Moteros solidarios comezan a campaña de recollida de xoguetes.
En Xinzo, mellorarase a calidade da auga das piscinas cun sistema de cloración automática e de control do PH, entre outras. O Concello reforza a limpeza cun servizo complementario de 4.500 horas ao ano. Construirase o segundo aparcadoiro gratuíto na capital da Limia.
A Xunta lanza o Plan Renove para a renovación de electrodomésticos. Os mosteiros, no Festival Pórtico do Paraíso; realizaranse tres concertos nestes enclaves.
O Concello de Allariz entregará 200 composteiros para a recuperación da materia orgánica producida nos fogares. Comeza a renovación da sinalización de rutas de sendeirismo. O Xacobeo celébrase con visitas teatralizadas nocturnas ao conxunto histórico e arqueolóxico de Santa Mariña de Augas Santas. Dentro do programa “As pegadas de Mariña” terán lugar durante as noites das fins de semana de xullo e agosto.
Gran actividade na Fundación Curros Enríquez para festexar o 170º aniversario do nacemento do poeta. A residencia San Carlos incorpórase á rede asistencial de centros para persoas maiores da Fundación San Rosendo.
En deportes, o COB acaricia a salvación, mentres o Arenteiro proclámase campión de Terceira división. Esta fin de semana celébrase a final a 4 da Copa de Galicia de hóckey -masculina e feminina- no campo de Mariñamansa.
Artigos, clasificados, ocio, e máis no novo número de Barrios.
Se queres ver ou consultar o periódico pincha neste enlace. Pincha
SOURCE: Barrios 144