Nesta portada traemos os desexos da Xunta de que en dous meses Galicia teña a ansiada inmunidade de grupo. Ademais, a Xunta presentou o que será a nova sede do distrito forestal de Verín. Tamén contamos as tres xornadas que faltan na Terceira división para saber se Barco e UD Ourense salvan a categoría.
En páxinas centrais traemos un especial co calendario da Eurocopa 2021 de fútbol.
O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, fai balance no ecuador do seu mandato. Xa están en marcha as obras viais en Seixalbo. A Xunta de Galicia anima a propietarios particulares ou comunidades de veciños con inmobles de carácter residencial a acollerse á nova liña de axudas para rehabilitación enerxética. Solidariedade motera da unha sorpresa a un rapaz da cidade. Cáritas Ourense presenta a memoria anual na que contempla a atención a máis de 20.000 persoas en 2020.
O Concello destina 210.000 euros para que a rapazada da cidade -nenos e nenas nacidos no ano 2003 en adiante e empadroados na cidade- poida adquirir libros no comercio local.
“Tierra de Leche y Miel” inaugurará o FIC Vía XIV de Verín. Usuarios do centro Ocupacional fan o Camiño de Santiago en bicicleta estática. Verín renova os parques infantís substituíndo máis de 1500 m² de chan das zonas de xogo por caucho continuo. A Ludoteca de verán “Convive en Igualdade” e o Campamento urbano “Támega” – 2021 vén de abrir o prazo de inscrición.
37 establecementos hostaleiros do Concello de Barbadás repartirán 31.500 rascas entre a clientela, dentro do cocurso «Rasca coa hostalaría» no que se repartirán 700 premios. Mellórase a glorieta dos centros comerciais.
Os trens turísticos do 2021, que pon en marcha a Xunta este verán, contan con catro rutas pola provincia de Ourense. O Camiño de Santiago faise no Pereiro; o proxecto “Un camiño imaxinado” recrea as distintas etapas da Vía da Prata no encoro de Cachamuíña. A Deputación destina 300.000 euros ao programa ChegOU para o fomento da natalidade.
«A xente do Redor» homenaxea a Xela Arias, a quen lle adican este ano o Día das Letras Galegas.
En deportes, o COB vén de descender á LEB Prata. Tamén o Cidade das Burgas descende á Segunda división do fútbol sala. O Consello Municipal de Deportes abre o prazo para solicitar axudas para federacións, clubs e entidades deportivas.
Artigos, humor, clasificados, e máis no novo número de Barrios.
Se queres ver ou consultar o periódico pincha neste enlace. Pincha
SOURCE: Barrios 145