Tamén o merchandising oficial do certame.

O FIC pon á venda os bonos desta edición

A 6ª edición do FIC Vía XIV de Verín, que se celebra entre o 4 e o 12 de setembro, continúa quentando motores. Xa están dispoñibles os bonos para acceder a toda a programación a concurso, cun custo de 20 euros. Os bonos poden mercarse na oficina de prensa do Concello de Verín en horario de mañá ou reservarse por vía telefónica a través do 638 077 282.

Cada bono dá acceso a unha butaca exclusiva no Auditorio, que quedará reservada durante todo o festival, e posibilita un aforro económico en relación aos tiques individuais. O bono, que é nominativo e leva incorporado o nome e o DNI do seu dono ou dona, permite, pois, acceder a toda a programación do FIC Vía XIV de Verín, agás á gala final.

Xunto aos bonos, está xa dispoñible para mercar o merchandising oficial desta VI edición do certame.
Esta é a listaxe de prezos de todo o material creado este ano para por en valor o FIC Vía XIV:
– BONO CATÁLOGO: 25 EUROS
– BONO BOLSA: 30 EUROS
– BONO MÁSCARA ou FUNDA PARA O MÓBIL: 25 EUROS
– BONO CATÁLOGO+BOLSA: 35 EUROS
– BONO CATÁLOGO+MÁSCARA ou FUNDA: 35 EUROS
– BONO BOLSA+MÁSCARA ou FUNDA: 35 EUROS
– BONO CATÁLOGO+MÁSCARA ou FUNDA+BOLSA: 40 EUROS
– BONO CATÁLOGO+MÁSCARA+FUNDA+BOLSA: 45 EUROS

SOURCE: Bono do FIC 2021