Este domingo, 12 de setembro, regresan os trails e as andainas a Ourense. E o fan coa primeira edición do Trail e andaina solidaria Camiñando polo dano cerebral.
A Federación Galega de Dano Cerebral coa colaboración de: Federación Galega de Atletismo – Delegación en Ourense, Concello de Ourense – Consello Municipal de Deportes, Concello de O Pereiro de Aguiar, Deputación de Ourense – INORDE e o patrocinio da Xunta de Galicia – Xacobeo 21-22, Campus de Ourense – Universidade de Vigo e Runmaniak, organizan o Trail e Andaina Solidaria “Camiñando polo Dano Cerebral”, que se celebrará o domingo, 12 de setembro de 2021 a partir das 09:30 h., con saída e meta na Pista de Atletismo do Campus Universitario de Ourense.
O Trail e a Andaina desenvolverase por sendeiros e camiños do Concello de Ourense e de O Pereiro de Aguiar, nun atractivo e esixente circuíto deseñado por Runmaniak.
O Trail terá unha distancia de 14 Km. e +500m de desnivel positivo.
A Andaina conta cunha distancia de 9 Km. e +200m de desnivel positivo.
Participantes
Participantes Trail: Na modalidade Trail poderán participar todas aquelas persoas maiores de 18 anos (o día da proba) que o desexen, federadas ou non federadas, sempre que estean inscritas nos prazos e formas establecidos ao efecto pola Organización (Ruta Trail)
Participantes Andaina: Na modalidade Andaina poderán participar todas aquelas persoas maiores de 16 anos (o día da proba) que o desexen, sempre que estean inscritas nos prazos e formas establecidos ao efecto pola Organización (Ruta Andaina)
Inscricións
As inscricións serán do 21 de xuño ata o 7 setembro de 2021 ás 23:59 h.
https://www.carreirasgalegas.com/carreira/trail-e-andaina-solidaria-cami%C3%B1ando-polo-dano-cerebral/1fffec78-706e-7727-33f5-39fd0425c3a6
O custe da inscrición e de 10€ para o Trail e 5€ para a Andaina. O recaudado en inscricións irá destinado aos fins da Federación Galega de Dano Cerebral.
Se algunha persoa no pode participar na proba pero desexa colaborar, está habilitado o DORSAL 0 na propia páxina de inscricións no que poderá realizar a súa doazón.
Entrega de dorsais e chips
Os dorsais e chips serán entregados o mesmo día da proba na Pista de Atletismo do Campus de Ourense en horario de 8 a 9 horas.
SOURCE: Andaina e trail Camiñando polo dano cerebral