Nesta ocasión a porta trae a revolución que queren facer o alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, con respecto á mobilidade, e máis concretamente ao transporte urbano de autobuses, con máis frecuencia nas liñas.
A moitos ourensáns xa se lles foi administrada da terceira dose da vacina contra a Covid19. Ademais, Expourense deixa de ser centro de vacinación despois de nove meses operativo.
Por este motivo, Expourense recobra a actividade feiral presencial coa celebración do 12º Salón do Automóbil -do 1 ao 3 de outubro o de vehículo novo, e do 8 ao 10 o de ocasión-.
Ademais, Verín acolle esta fin de semana a cuarta edición das Xornadas de Novela Histórica, que nesta ocasión ten como protagonista a muller. E sen saír de Verín, entrevistamos á nova directora do IES García Barbón, María Soledad Gómez.
O Ourense Film Festival encara a súa recta final cunha programación moi variada.
Os tres hospitais da provincia formarán parte dun programa piloto para conribuir na eficiencia enerxética.
Verín terá como festivos locais en 2022 o San Antón (17 de xaneiro) e mércores de cinza (2 de marzo).
A DO Monterrei encara a recta final da vendima deste ano que augura unha colleita moi similar a do ano pasado cuns 5,5 millóns de quilos de uva recollida.
Barbadás contará con máis fibra óptica nalgún núcleo rural. O Goberno local mellora varias rúas para unha mellor mobilidade.
Manuel Baltar é reelexido como presidente do PP da provincia. Un 99,24% depositaron a súa confianza nel.
A Veiga enxalza a gandeiría cunha exposición. A Ourense ICC Week celébrase do 13 ao 17 de outubro e contará, entre outros, con Coque Malla e Juan Perro.
Na Mancomunidade do Ribeiro remata o obradoiro de emprego «Ribeiro 21».
En deportes, o COB ultima a preparación de cara ao novo reto que lle agarda na LEB Prata, onde terá como obxectivo o ascenso a Ouro.
En fútbol sala, nin Ourense Envialia nin Sala Ourense foron quen de vencer nos seus respectivos partidos na última xornada disputada.
O Arenteiro logra, a costa do Salamanca a súa primeira vitoria na 2ªRFEF.
Artigos, clasificados, humor e máis no novo número de Barrios.
Se queres ver ou consultar o periódico pincha neste enlace. Pincha
SOURCE: Barrios 152