Este ano, representando a Ourense Sur, no programa máis lonxevo da TVG, Luar, poderemos gozar de Iván Pérez, un rapaz moi novo, cargado de talento. Estamos de noraboa os luareiros de sempre e os que vos ides enganchar cando escoitedes a este artistazo de voz doce acariñando os temas e cargado de ledicia. Vai ser unha das grandes sorpresas desta edición. Humilde e traballador, cheo de soños e enerxía, sen dúbida ningunha, chegará moi lonxe.
Que supón para ti participar en Recanteiros do programa Luar?
Iván Pérez: «Para min, participar neste programa, un dos máis importantes de Galicia, supón un paso adiante tanto no persoal como no profesional, unha oportunidade de crecer como cantante e coñocer a xente marabillosa».
E representar a Ourense sur?
I.P.: «É un reto moi grande pero a súa vez un gran orgullo e felicidade, espero estar a altura e non defraudar a ninguen».
Que expectativas tes da túa participación?
I.P.: «Básicamente a curto prazo aprender un pouco máis e seguir crecendo enriba dos escenarios, e a longo prazo, se se pode gañar, pois mellor que mellor, a parte de ter sorte e que algún representante ou orquestra se fixe na miña voz».
Como é a túa preparación para Recanteiros?
I.P.: «Lóxicamente xa levo indo fai anos a clases de canto, para saber todas as boas técnicas para colocar a voz e aguantar máis tempo cantando, gracias a Lorena polas súas magnificas clases e consellos. Unha vez empezada a etapa en recantos, o traballo intensificase».
Desde cando che vén o gusto pola música?
I.P.: «O meu gusto pola musica e a canción vén xa de pequeno, de familia diría eu. O meu bisavó tocaba o acordeon e o meu avó seguiu os seus pasos, e agora eu canto, e toco o acordeón. Xa desde que era pequeno gustábame ir as festas para ver as orquestras, e era o neno máis feliz».
Que tipo de música che gusta máis?
I.P.: «Eu tiro máis pola música antiga, tipo Manolo Escobar ou Camilo Sesto, e tamén o «pachangueo» (risas)».
Resulta moi difícil traducir ao galego os temas que vos seleccionan para cantar?
I.P.: «Hai que aclarar que os temas xa chos facilita o programa, o complicado é cando xa cantaches algunha vez en castelán, ter que cantala en galego pois é un pouco lioso, pero con esforzo todo se consegue».
Gustaríache ter un futuro na música?
I.P.: «Obviamente un dos meus soños é triunfar no mundo das orquestras, e xa por pedir… oxalá ser famoso nalgún momento da miña vida».
Cres que este programa pode ser un escaparate para ti?
I.P.: «Moitos dos ex-recanteiros son agora grandes cantantes de orquestras ou grandes famosos como Lucía ou Christian Escuredo…. Así que, por que non?».
Neste tipo de actuacións é moi importante o estilismo, vestimenta, imaxe e creo que contas coa axuda de alguén a este respecto.
I.P.: «Si, conto coa magnífica axuda da tenda de roupa Moda Galega en Celanova, fantástica e un moi bo trato e consellos así como a imaxe gráfica e comunicación que leva Orixe Publicidade de Ourense».
SOURCE: Iván Pérez, recanteiro en Luar