O Concello de Ourense anuncia o horario especial dos cemiterios municipais (San Francisco, Santa Mariña e As Caldas) para que a veciñanza poida honrar os seus familiares durante as festividades católicas de Todos os Santos e de Fieis Defuntos.
Deste xeito, os horarios quedan da seguinte maneira:
– Laborables de 9 a 19.30 horas
– Sábados e domingos: de 9.30 a 13 horas e de 16 a 19.30 horas
– Días 30 e 31 de outubro e 1 e 2 de novembro: de 9 a 19.30 horas
Servizos especiais de autobús. A empresa concesionaria do transporte en Ourense, Urbanos de Ourense, porá en marcha os vindeiros días 28, 29, 30 e 31 de outubro e 1 e 2 de novembro, dúas liñas especiais de reforzo.
Especial 1, Vinteún (6º Instituto) – Cemiterio
– Saída Vinteún (6º Instituto): 10.20, 12.15, 14.45 e 16.30
– Saída Cemiterio: 11.30, 13.30, 15.30 e 17.30
Especial 2, Estación de Autobuses – Cemiterio
– Saída Estación de Autobuses: 9.50, 11.30, 13.30, 15.30 e 17.45
– Saída Cemiterio: 10.30, 12.30, 14.30, 16.30 e 18.30
Cultos especiais. O Bispado de Ourense informa, tamén, dos cultos especiais para estas datas.
– Luns, 1 de novembro. Día de Todos os Santos
– 13.00 horas. Misa na Igrexa de Santa Mariña.
– 16.00 horas. Misa de Celebración da palabra, no cemiterio das Caldas, oficiada polo sr. bispo.
– 17.30 horas. Misa de Celebración da palabra, no cemiterio de San Francisco, oficiada polo sr. bispo.
Martes, 2 de novembro. Día de Fieis Defuntos
– 12.00 horas. Misa na igrexa de Santa Mariña oficiada polo sr. bispo.
SOURCE: Horarios cemiterios Ourense