O delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén; a alcaldesa de Boborás, Patricia Torres; e o alcalde de Castrelo de Miño, Avelino Pazos, participaron na presentación do Festival do Circo e do Humor que se desenvolverá os días 29, 30 e 31 de outubro nos concello de Boborás -no patio do colexio público- e Castrelo de Miño -no parque náutico-.
As actuación serán simultáneas en ámbolos dous concellos.
En Boborás, o día 29, venres, ás 19 horas chegará o espectáculo “A maxia do Outono”; o sábado 30, 19h., actuará o monologuista Pepo Suevos; e o domingo 31, ás 18 h actuación de Luis Zahera (18h) e do espectáculo de circo “Asacocirco Show”.
Pola súa banda, en Castrelo de Miño, o venres 29 (19h) espectáculo de circo “Asacocirco Show”; o sábado 30 (19h) “A maxia do Outono”; e o domingo 31, actuación de Luis Zahera (12h) e Pepo Suevos (19h).
SOURCE: Festival Circo e Humor