Promove un novo modelo de xestión para garantir a calidade nos servizos, a eficiencia na explotación das infraestruturas e a viabilidade económica dos sistemas.

A Xunta impulsa unha nova lei para regular, ampliar e estender o apoio aos concellos nas súas competencias de abastecemento, saneamento e depuración

Crear un marco normativo para regular, ampliar e estender o apoio aos concellos nas súas competencias de abastecemento, saneamento e depuración das auga é o obxectivo da Xunta de Galicia. Para eso, promove un novo modelo de xestión para garantir a calidade nos servizos, a eficiencia na explotación das infraestruturas e a viabilidade económica dos sistemas. A Xunta de Galicia impulsa a Lei de mellora da xestión do ciclo integral da auga coa que se garantizarán servizos eficaces e profesionais aos veciños, a eficiencia na explotación das infraestruturas municipais e a viabilidade económica dos sistemas.

A Xunta considera necesario avanzar neste novo modelo que axude ás entidades locais ante as dificultades contrastadas, tanto técnicas como financeiras, que teñen moitos municipios para exercer con eficacia as competencias en materia de augas, que inciden na calidade e na saúde das propias persoas, no medio natural e en distintas actividades económicas como a pesca, o marisqueo, a acuicultura ou o turismo. Esta iniciatica enmárcase na aposta da Xunta por acadar os obxectivo de desenvolvemento sostible da Axenda 2030 mediante actuacións transformadoras de loita contra o cambio climático e a favor do crecemento verde e insclusivo.

Investimento
Nos últimos anos a Comunidade galega experimentou un salto cualitativo na extensión territorial dos servizos de abastecemento, saneamento e depuración, ao cal contribuíu, en gran medida, a mobilización por parte da Xunta de máis de 1.100 millóns de euros (a pesar de que o saneamento e abastecemento son competencias locais) desde 2009 na execución de obras e infraestruturas hidráulicas en apoio aos municipios no exercicio das súas competencias. Estas intervencións e investimentos incidiron na mellora dos indicadores da calidade das augas e no nivel de cumprimento das normativas comunitarias na materia. Estas actuacións acometidas polo ente autonómico melloraron en case 10 puntos a porcentaxe da auga en bo estado, graza á construción de 160 depuradoras, ademais de desenvolver 14 plans de saneamento local, cos que se renovaron case 2.400 quilómetros de redes municipais.

Xestión
Con todo, a execución das infraestruturas hidráulicas debe ir acompañada dunha boa xestión e do mantemento que permita prestar os servizos con calidade e eficacia, algo que supera a capacidade técnica e económica de moitos municipios galegos, en gran medida, debido ás propias singularidades do territorio como a complexa orografía ou a dispersión da poboación. Por iso, a Xunta considera conveniente establecer un marco normativo que aposta pola coordinación e a implicación de todas as administracións con competencias na materia: a Xunta, as deputacións e os concellos. De aí que o texto legal estableza instrumentos de cooperación que garantan a corresponsabilidade e o cofinanciamento na programación de investimentos necesarios para a mellora do ciclo integral da auga. Segundo o previsto no anteproxecto de lei, Augas de Galicia poderá asumir a xestión dos servizos do ciclo da auga dos concellos que voluntariamente o soliciten e debe contar coa implicación da deputación provincial correspondente no financiamento das obras que sexan precisas. O novo modelo incentiva a xestión profesionalizada e especializada dos servizos da auga partindo do coñecemento minucioso dos sistemas e da ordenación completa das súas instalación.
Ademais priorizaranse as actuacións nas redes co fin de limitar as infiltracións de augas brancas e as verteduras contaminantes, aumentando así a eficiencia dos sistemas e evitando os grandes investimentos nas depuradoras.

Modelo único
O novo modelo implica, ademais, igualdade de trato e de condicións en todo o territorio cun modelo único e igualitario. Cómpre lembrar que, a día de hoxe, en Galicia conviven distintos modelos de xestión da auga, desde a xestión municipal dos propios sistemas, consorcios, mancomunidades e sociedades supramuniciais; e depuradoras que son xestionadas directamente por Augas de Galicia como axuda aos concellos nas súas competencias municipais. Na actualidade son 28 as depuradoras que xestiona directamente Augas de Galicia, que supoñen unha achega anual da Xunta de 17,7 millóns de euros.
O anteproxecto de lei de mellora da xestión do ciclo integral da auga tamén prevé prezos únicos e xustos no conxunto da Comunidade. Co fin de garantir a viabilidade económica e financeira na xestión da auga e permitir a recuperación dos custos dos servizos, garantindo a súa viabilidade e a aplicación dos principios de “quen usa, paga” e “quen contamina, paga”, reordénanse os tributos existentes cunha denominación acorde ao recurso que se está gravando pero sen crear novas taxas que repercutan nos usuarios. O anteproxecto de lei de mellora da xestión do ciclo integral da auga iniciou a súa tramitación para ser aprobado logo polo Consello da Xunta de Galicia e a súa posterior remisión ao Parlamento de Galicia para a súa aprobaci´pn definitiva.

SOURCE: Lei recursos hídricos