O Concello de Ourense pon en marcha unha novidosa iniciativa para implicar as familias e os centros educativos na loita contra a violencia: “Apuntámonos ao Botrato!, que foi presentado ás ANPAs e centros educativos, para que se aúnen os recursos tan necesarios para fomentar e reforzar a igualdade e o respecto desde a infancia e a adolescencia.
Desde a Concellería de Igualdade, e a través do CIMM, póñense a disposición do persoal docente e das nais e pais sendas guías didácticas para erradicar as violencias machistas e a prevención do acoso e agresións sexuais entre adolescentes, facendo fincapé no papel da pornografía na desigualdade.
A concelleira de Igualdade, Eugenia Díaz Abella, convida ás familias e aos centros educativos a que “se impliquen tomando estas guías didácticas como ferramentas para estender o espírito do 25N durante todos os días do ano, pois sen dúbida ese é o obxectivo primordial que buscamos desde o Concello de Ourense”.
As guías didácticas de “Apuntámonos ao Botrato!” están a disposición das familias e centros educativos na área de Igualdade da páxina web do Concello: