Entrevistamos a Gabriel Alén, delegado da Xunta en Ourense quen nos fai un repaso dos proxectos que o ente galego ten previstos en Ourense. Tamén en portada traemos a reunión no Parador de Monterrei entre alcaldes da Mancomunidade de Verín, Confederación Hidrográfica do Douro e Xunta de Galicia para abordar o saneamento do río Támega.
Ademais, o alcalde de Ourense, Gonzalo Jácome, fai un repaso dos proxectos para a cidade neste 2022.
En Verín, un mural na praza García Barbón servirá a modo de «photocall» para todo aquel que se queira retratar cunhas ás de bolboreta. A OMIC de Verín atendeu medio millar de reclamacións.
O «Triángulo Máxico» formado por Verín, Laza e Xinzo, máis os entroidos de Viana e Vilariño acordaron seguir unhas pautas comúns para o Entroido 2022.
Xinzo contará cun orzamento de 8 millóns de euros este ano. Un obradoiro de emprego realiza obras de mellora no Camiño de Santiago. O Concello restaura cinco fornos municipais.
Moitas proposta nos primeiros meses do ano na Casa da Mocidade de Allariz. Incisex imparte dous obradoiros en febreiro. Allariz continúa concienciada coa reciclaxe.
Catro citas do Celanova Comedia no auditorio; unha por mes de febreiro a maio. A Fundación Curros Enríquez atendeu a 100.000 persoas.
Barbadás busca atraer poboación e forma un grupo de traballo con vocais dos grupos municipais e técnicos do concello.. O BNG pide celeridade para rematar a rotonda da OU-540.
Deportes, clasificados, humor e moito máis no novo número de Barrios.
Se queres ver ou consultar o periódico pincha neste enlace. Pincha
SOURCE: Barrios 158