O luns 7 de febreiro e mércores día 9 o Cineclube Padre Feijoo proxecta dous novos films. A Palma de Ouro soviética «Cando pasan as cegoñas», e a rareza grega «Apples», son as propostas. As proxeccións na Casa da Cultura (Concello 11).
Cando pasan as cegoñas (luns 7 ás 20.30 h.)
Verónica e Boris son dous namorados de Moscova que ven obrigados a separarse cando estala a Segunda Guerra Mundial e Boris é recrutado como soldado para ir á fronte a loitar.
En 1953 morre Stalin, e nos anos seguintes a URSS empeza a mudar, cambios lentos que tamén chegan ao cine e que convirtiron a película de Kalatozov na primeira obra mestra indiscutible do cinema post-stalinista, e na única en acadar a Palma de Ouro en Cannes.
Apples (Mércores 9 ás 18 e 21 horas)
Despois dunha pandemia mundial, todo o mundo perde de súpeto a memoria. Aris, un home de mediana idade, súmase a un espectáculo para crear unha nova identidade…
Primeira longa da axudante de dirección de «Canino», producida pola actriz Cate Blanchett.
SOURCE: Cineclube Padre Feijoo